Publicado por : Adycto
21 de novembro de 2013
O anteproxecto de lei de Protección da Seguridade Cidadá que está a preparar o goberno de Madiano (naniano) creou estes días moita polémica. O certo é que o texto deseñado polo departamento que dirixe Jorge Fenández Díaz ten que analizarse aínda no Consello de Ministros, someterse ao dictame do Consello de Estado e do Consello Xeral do Poder Xudicial, regresar á mesa de Moncloa e finalmente debatirse, como Lei Orgánica, nas Cortes. Independentemente de que atope máis ou menos atrancos para a súa posta en marcha, cousa que dependerá unicamente da verdadeira vontade do goberno para sacala adiante, o certo é que, polo filtrado ata o de agora, é moito máis restrictiva que a actualmente en vigor, a coñecida como Lei Corcuera. E non só é máis restrictiva, senón que parece pensada para "castigar economicamente" a todos aqueles que decidan protestar públicamente contra as decisións que o Gobeno de España adopte. Soa forte pero é así como o vemos, como trataremos de argumentar.
Para empezar e, aínda que se tipifiquen novos supostos que antes non aparecían, as faltas moi graves pasan das 10 actuáis a 21. Neste tipo de faltas (moi graves) a cuantía económica mantense con respecto á Lei Corcuera ( entre 30.001 e 600.000 euros) pero agora, como dicíamos hai un momento, inclúense novos supostos, ao noso entender, pensados só para evitar as protestas públicas contra as decisións do goberno. Ademáis, coa nova Lei, derívanse ao ámbito administrativo castigos de moita importancia, sen os garantes de imparcialidade e independencia que deben outorgar os Tribunáis, o cal parécenos moi grave.
Así, por poñer un exemplo, coa "Lei Fernández" considerarase como infracción moi grave "A gravación e difusion de imáxenes de axentes das forzas de seguridade no exercicio do seu traballo que atenten contra o dereito a súa honra ou a súa imaxe e que poidan poñer en perigo a súa seguridade ou a da intervención policial correspondente". É dicir, se unha persoa que, por exemplo nunha manifestación, saca o seu móbil e grava a un policía nacional golpeando con saña a unha persoa no chán e logo o comparte no Twitter para denunciar ese comportamento, por poñer un exemplo, enfrontaríase, coa nova Lei, a ter que asumir unha multa de, como mínimo, 30.001 euros. Moi demócrata. Para nada represivo ou propio de rexímenes non democráticos.
Outra infracción moi grave serán "os escraches ou actos de acoso a cargos públicos" algo que os xuíces, nas súas últimas sentenzas, non están a considerar delicto. Tamén considerarase infracción moi grave as "Protestas fronte ao Congreso, o Senado, os Parlamentos autonómicos ou os altos tribunáis", aínda que os edificios estean baleiros de xente. Será infracción moi grave tamén "convocar manifestacións non autorizadas a través de internet, as redes sociáis ou calquera outra vía". O dito, todo moi democrático. Non parece que atente contra os dereitos fundamentáis ou as liberdades cidadás para nada.
E das infraccións graves é mellor xa nin falar. O primeiro que se fixo con estas sancións e subir a cuantía mínima de 300 a 1.001 euros. Así, serán constitutivas de sanción entre 1.001 e 30.000 euros conductas como "inxuriar a un axente das forzas de seguridade cando estean a velar polo mantenemento da orde pública", por exemplo nunha manifestación, ou "escalar como acción de protesta edificios públicos".
Son só algúns exemplos dos 55 supostos que o anteproxecto de Lei recolle como motivadores de sanción pero cremos que explican ás claras o que dicíamos ao comezo do post, que buscan castigar economicamente a aqueles que decidan protestar públicamente contra as medidas adoptadas polo Goberno. Algo moi propio dun "Estado de Dereito" como o do que tanto lle gusta presumir aos "demócratas" españois.
Publicar un comentario