Publicado por : Adycto 21 de outubro de 2013

Unha das cousas que aprendimos o pouco de chegar a Dumfries é que a policía por estas terras chámase police e non Scotland Yard. O motivo é que Scotland Yard é o nome que recibe a policia metropolitán da capital inglesa, aos que se lles coñece como "bobbies" porque, alá polo 1829 e sendo Sir Robert Peel ministro do Interior foi cando aprobouse a lei que estableceu a primeira policía metropolitán. Como o nome do ministro era Robert, que ten en Bob o seu diminutivo, a xente da época comezou a chamarlles bobbies, algo así como os fillos de Bob, e quedoulles.



Como adoita a acontecer, unha resposta xera unha nova pregunta e, neste caso, a cuestión parece evidente: se a Scotland Yard é a policía do Greater London por que recibe ese nome? Sabemos pouco inglés pero temos claro que Londres non está en Scotland e que a yarda é unha unidade para medir distancias. Pouco que ver, aparentemente, cun alcume para a policía londinense.

Poderíamos solventar esta dúbida como o fixemos co dos "bobbies", preguntándolle ao google pero, xa que estamos por terras escocesas, decidimos baixar ao pub para preguntarlle a un nativo porque, deste xeito, non só averiguaríamos a resposta senón que ademais o faríamos "improving our english" e, o que é máis importante, "drinking a pint of Guinness".

Despois de dúas rondas de observacion, escollimos entre a parroquia que a esas horas apagaba a súa sede no local a un home de mediana idade que estaba na barra lendo un xornal. Coa excusa de pedir outra ronda achegámonos a el e, en canto escoitounos pedir co noso inglés da "Terra Cha", sorriu e xirouse cara nós co habitual comentario escocés sobre o tempo, o cal, como xa comentamos nalgún post anterior, é o xeito que teñen os Scottish, alomenos os de Dumfries, de iniciar unha conversa.

E así foi. Tralos comentarios sobre o tempo e as pesquisas habituais sobre o noso país natal e o motivo da visita a Scotland, chegou o tempo de buscar a excusa para plantexarlle a cuestión que levounos ao pub, ademáis das gañas de Guinness. O xornal que estaba a ler o paisano, como tantas outras veces, deunos a clave. En portada había unha gran foto de Madelaine, a nena inglesa desaparecida hai tempo en Portugal, e as palabras Scotland Yard aparecían en repetidas ocasións no corpo da información. Tras un par de comentarios sobre a noticia, que estes días está en boca de todo o mundo en UK porque ao parecer hai novas pistas sobre o caso, puidemos preguntarlle por fin o que queriamos averiguar.

Resulta que, segundo lle puidemos entender a Dave -así chamábase o noso contertulio-, a primeira sede da policia metropolitán e London estaba no número 4 de Whitehall Place e que a parte traseira do edificio daba a unha calle, ou patio, ou algo así , chamado "The Great Scotland Yard" (parece ser que porque alí estaba situada a residencia do rei de Scotland na capital inglesa). E por isto foi polo que a policía metropolitán comezou a chamarse popularmente Scotland Yard, polo seu lugar de ubicación. E de aí aos nosos días.


A conversa con Dave foi do más agradable ata o punto que, de regreso a casa, decidimos que nunca buscaríamos en internet a orixe do nome de Scotland Yard e que, para nós, sempre sería como o contou Dave porque, ás veces, unha boa historia é millor que unha gran verdade.



2 Respostas ata o de agora.

  1. http://femilia.blogspot.com.es/ dí:

    http://es.bab.la/diccionario/ingles-espanol/yard

    Amigo mío:
    Leída con sumo placer esta entrada, no me he resistido al deseo de mandarte mi modesta aportación a la misma.
    Como verás en el enlace, "yard" tiene varios significados, entre ellos "patio", por lo que pienso que Dave estaba en lo cierto, aunque lo importante en este caso fue que encontraste un buen compañero con el que beber una pinta charlando amigablemente.
    JLMejuto

  2. Adycto dí:

    Jajajaja... Así me gusta, que pique la curiosidad...
    Un saludo grande!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -