- Atrás »
- Crónicas da emigración »
- Golpe de Sorte (Lucky Strike)
Publicado por : Adycto
28 de outubro de 2013
Ás veces a vida sorpréndeche cun golpe de sorte co que non contabas e, de repente, aparéceche como un medio sorriso tonto nos beizos -nos levamos con el 24 horas- que fai que todo pareza moito mellor do que realmente é. Antes de que empecedes a imaxinar que tocounos a Lottery ou algo semellante, dicirvos que nada ten que ver cos cartos. Seguimos tan pobres como hai tres días pero, nin con esas, somos capaces de borrar este sorriso idiota.
Como contabamos hai uns días neste mesmo blog, a nosa redación abandonaba Dumfries para irse ata Stranraer. A nosa intención era pasar a semán pola zona buscando unha casa ou piso para alugar e así establecer definitivamente a nosa base de operacións en terras escocesas para pasar o inverno. As últimas semáns miramos na rede multitude de páxinas de alugeiro e localizamos un par de casas para ver en Stranraer que se axustaban ao noso orzamento, así que se todo marchaba ben podíamos resolver rápido o da vivenda e aproveitar para facer un pouco turismo pola zona.
Máis por brincadeira que por outra cousa, preguntamos tamén por unha casa ubicada no medio do peirao dunha fermosa vila turística chamada PortPatrick, situada a menos de 20 minutos de Stranraer. So o feito de que nola ensinaran, a pesares de irse moitisimo do noso orzamento, dábanos a excusa perfecta para percorrer unha zona tan fermosa como The Rhins, unha especie de península en forma de martelo no SurOeste de Scotland que merece, e moito, recibir unha visita repousada.
Onte, despois de deixar as maletas nun Hostel de Stranraer, collimos o coche e atravesamos The Rhins de lado a lado, dende Stranraer ata SandHead disfrutando dunha paisaxe incrible. Ás cinco da tarde tiñamos cita cos donos da casa de PortPatrick así que, despois do lunch -que co cambio de hora fixemos tarde-, emprendimos viaxe o sitio en cuestion. Para que podades ver o percorrido que fixemos e sentir mellor a envexa deixámosvos este mapa no que podedes ver os Rhins e as tres cidades das que falamos: Stranraer, Sandhead e PortPatrick.
Cando chegamos a PortPatrick quedamos abraiados co bonito que era o pobo. Unha vila mariñeira convertida nun destino turístico en toda regra e coidado ata nos mínimos detalles. Achegámonos ata o porto e, xusto no medio, como prometían nas fotos que miraramos por internet, vimos a casa pola que preguntabamos. Os donos eran una parella de corentaetantos do máis amigable e ensináronnos a casa encantados.
Se por fora era bonita por dentro era espectacular. Tres habitacións, dúas delas con camas xemelgas e outra máis con cama de matrimonio, unha cociña e un salon espectaculares, con vistas ao mar dende a parte dianteira e traseira da casa...E ademais perfectamente equipada. De luxo e, por suposto, totalmente fora nas nosas posibilidades.
Xa coa casa vista ao completo e aínda con expresión de parvos na cara comentámoslles aos donos que a casa era incrible, como eles ben sabían, pero que escapaba do noso orzamento moitísimo e que o feito de que os molestáramos pedíndolle que nola ensinaran era máis unha cuestion de tipo turístico, por ver a zona, xa que cando vimos en internet que a alugaban por semáns comprendimos que era unha zona moi turística e que escapaba do que podiamos pagar.
Entón o dono da casa preguntounos canto tempo tiñamos pensado pasar pola zona e nós comentámoslle que todo o inverno, ata marzo polo menos. O tipo xirouse e comezou a falar a toda velocidade coa muller. Logo de intercambiar con ela catro frases preguntounos se íamos marchar para casa durante o Nadal, ao que todos asentimos coa cabeza ao tempo, e, a continuación, se tiñamos inconvinte en deixar unha semán libre a casa durante San Valentín. Mirámonos todos á vez e, de novo a un tempo, voltamos a asentir coa cabeza. Entón o home xirouse de novo cara a muller, que sorriu de novo, o e preguntounos canto tiñamos pensado gastar no alugueiro. Dixémoslle a verdade, sen ambaxes.
Neil, que así se chama o dono da casa, xirouse de novo cara a muller, que voltou a sorrir, e tendeu a mán para diante como tratando de pechar un trato mentres dicíanos...Se deixades libre a casa nas datas que dixen é vosa. A tempada de alugueiro non comeza ata maio e nós non vivimos aquí así que a casa ía estar vacía. Con vos aquí gañamos cartos e temos a casa coidada así que parécenos un bo trato...Tratando de non perder a compostura dixémoslle que aceptabamos encantados e formalizamos alí mesmo os papéis do alugueiro quedando para entrar na casa o domingo que ven.
De tan abraiados que quedamos nin fotos da casa sacamos por dentro. Cando subemos ao coche aínda non o podíamos crer...Foi un golpe de sorte en toda regra do que, como dicíamos ao comezo, aínda non espertamos...E ademáis temos por diante unha semán sen máis agobio que desfrutar facendo turismo pola zona...
Para darvos envexa presidimos este post cunha panorámica de PortPatrick na que sinalamos cun punto bermello cal será a ubicación ata marzo da redación de Xornal Aberto. Xa a semán que ven aumentaremos o voso nivel de envexa con fotos dende o interior....
Publicar un comentario