- Atrás »
- Crónicas da emigración »
- Stranraer
Publicado por : Adycto
18 de outubro de 2013
O noso novo destino será Stranraer, a segunda vila en importancia do "concello" de Dumfries and Galloway (concello en Scotland é unha demarcacion administrativa semellante ao que entendemos por condado). Stranraer, cunha pronunciación case que imposible para uns angloparlantes camiño do nivel B1 coma nós, ten preto de 13.000 habitantes e está situada nesa especie de "nariz" que sae de Scotland para casi que bicar á Ireland.
A vila é famosa por unha batalla librada a comezos do século XIV pola tropas comandadas por Robert the Bruce, King of Scotland, contra os seus inimigos ingleses, así como por ser un dos lugares claves na guerra submarina durante a Segunda Guerra Mundial. De feito, a cidade deu nome ao Supermarine Stranraer o avión anti-submarinos da Royal Air Force clave na loita contra os U-boots do III Reich, e conserva unha base de submarinos da época, que será un dos primeiros sitios que visitaremos.
Unha das cousas que máis nos atraen de Stranraer é que é a vila da que sae o ferry cara Belfast, en Nothern Ireland. É unha viaxe de pouco máis de media hora en barco e seguro que a faremos en máis dunha ocasión.
Seguiremos contando cousas unha vez que esteamos instalados...E para despedirnos de Dumfries nada mellor que o Auld Lang Syne
Publicar un comentario