Publicado por : Adycto 16 de setembro de 2013

Hoxe espertei logo dunha noite desas cargadas de soños. Algúns bos e outros malos pero soños, ao fin. Foi un espertar desacougado, frío e estraño. Deses que deixan a mente emboutada e o corazón espido. E na nosa cabeza, como unha letanía, unha frase repítese: nada podes cambiar.

E iso é precisamente o que agora sinto. Que nada podemos cambiar. Hoxe síntome como unha das cabezas de gando dun rebaño ben adiestrado que segue ao seu pastor sen saber que unicamente se ocupa de nós polo seu beneficio. Dende o noso nacemento estivo aí dicíndonos o que estaba ben e o que estaba mal e nos o aceptamos sen saber moi ben a razón. Unicamente porque o resto do rebaño facía o mesmo. Co paso dos anos, incluso chegamos a pensar que o pastor era bo e que todo o que facía era polo noso ben pero un día, sen saber moi ben como, sospeitas que non era así, que non buscaba o noso ben, senón o del, independentemente do que acontecera con nós. 

Pero non é sentir o engano o problema, o peor é que nin sequera podo compartir estes pensamentos co resto de membros do rebaño. O pastor lévase cada certo tempo a varios de nós e nunca mais voltamos a velos. Dinnos que xa están preparados para pasar ao seguinte nivel e que, algún día, nós tamén estaremos preparados. Pero, dende hai algún tempo, eu non creo ao pastor.

Non sei ben cando sentín ese medo por primeira vez. Esa anguria. Creo que foi unha mañá que espertei entre suores. Non sei ben que pasou mentres durmía pero cando espertei xa non cría ao pastor. A partir de aí todo foi de mal en peor. Cando o pastor mandaba seguilo eu preguntaba a onde, cando mandábamos a durmir eu nunca tiña sono,... E así con todo.

Un día o pastor chamoume aparte. E preguntoume que pasaba conmigo. Que porque preguntaba cousas e facía todo a regañadentes. Eu non dixen nada. Calei. Dixen que todo ía ben, que simplemente era curioso, e por iso preguntaba. O pastor contestoume que a curiosidade matou ao pez. Non o entendín moi ben pero, dende ese día, tamén tiven medo.

Aos poucos días de falar co pastor, acheouse de novo a min e díxome que xa estaba preparado para o seguinte nivel. Que o día seguinte marcharía con outros dous. Esa foi a noite que escapei. Coa fuga descubrín moitas cousas do mundo que había o meu redor, case ningunha boa, entre elas que nada pòdese cambiar.

Non sei ben cando perdimos o control do mundo que habitamos. Non sei quen dirixe o circo no que vivimos e cando comezou o seu control sobre nós pero o que si sei é que somos un rebaño adestrado dende o nacemento. Programados dende o berce e sen posibilidades de cambiar aos cousas de xeito invididual. 

Mentres trataba de lembrar con claridade que era o que soñara, puxen a radio agardando a que o café subise. Soaba un anuncio do novo Ford Focus e pensei que xa era hora de cambiar de coche. 

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -