- Atrás »
- Crónicas da emigración »
- Falar do tempo
Publicado por : Adycto
19 de setembro de 2013
Esta semán, o inverno anunciou a súa chegada a Dumfries deixando a un lado os números que sinala o calendario. A temperatura descendeu varios graos e, na rúa e nos pubs, o tempo parece o tema favorito de conversa do "Tipical Scottish", alomenos como xeito de romper a falar con alguén que cheira a "continental" coma nós.
E isto gustounos moito porque fíxonos acordar da casa, na que comezar a conversa cun descoñecido cun "chove, eh?", cando do ceo parece que estean a tirar auga cun balde, é un xeito natural de relacionarnos. Se fose con alguén que semella estranxeiro -ben sabedes, eses de calcetíns e sandalias-, a conversa comezaría do mesmo xeito, pero acompanada dunha mímica moito máis remarcada.
E semella que os escoceses son coma nós nisto. Dende este pasado luns, que foi cando baixou de golpe a temperatura e a choiva reclamou o seu protagonismo, é entrar nun pub a pedir unha pinta e, cando o camareiro cóbranos, escoitar un clarísimo "it,s cold", perfectamente silabeado, acompanado duns xestos tan esaxerados que pensamos que o rapaz que está a falarnos non é dono de todas as súas facultades mentais. E nós, coma o "guiri" cando lle acontece isto na Galiza, contestando cunha especie de interxeción apenas audible do tipo "yah" ou "yeah", misturada, iso si, cun conxunto de acenos de aprobación que deixan claras dúas cousas: 1) que o comprendimos -cousa da que somos os primeiros sorprendidos- e 2) que estamos de acordo co que contou. Si, non sabemos aínda a razón pero sempre estamos de acordo.
Son cousas que, cando damos de conta, fannos sentir que hai algo aí que xunta, que achega, que une...
Iso si. Hai outras cousas que separan, que alonxan... Para que enganarnos!
Está, por exemplo, o tema de velos comer nos parkings dos locais das cadeas de comida rápida coma o McDonalds ou o KFC.Non é de brincadeira. Parecen psicópatas os tipos metidos no coche coas caixas de comida e os vasos de refresco xigantes alí dentro, que non hai quen se remexa naquel coche. Con todo o salpicadeiro cheo de trapalladas. E entón é cando dimos para os nosos adentros...pero que farán estes fulanos ahí metidos se teñen mesas dentro vacías a montóns!
Iso si. Hai outras cousas que separan, que alonxan... Para que enganarnos!
Está, por exemplo, o tema de velos comer nos parkings dos locais das cadeas de comida rápida coma o McDonalds ou o KFC.Non é de brincadeira. Parecen psicópatas os tipos metidos no coche coas caixas de comida e os vasos de refresco xigantes alí dentro, que non hai quen se remexa naquel coche. Con todo o salpicadeiro cheo de trapalladas. E entón é cando dimos para os nosos adentros...pero que farán estes fulanos ahí metidos se teñen mesas dentro vacías a montóns!
O dito, estas cousas separan. As outras unen e estas separan.
Por certo, como dicíamos antes, a redacción a temos instalada en Dumfries (Scotland), unha vila de pouco máis de 30.000 habitantes. E si, teñen MacDonalds, Kentaky Fried Chicken, e o que ti queiras. Vese que aquí non andan con miramentos con este tema. Agora ben, so hai que ver como están esos locais as 9 ou 10 da mañan para darse de conta que a alimentación dunha boa parte dos escoceses non é a mellor posible. Nunca imaxinamos que unha burguer e unha cola fosen un alimento tan habitual a esas horas do día. E iso nótase logo cando paseas pola rúa. Haiche moito langrán solto por estas terras...
E ata aquí o prometido. Contaremos algo máis a semana que ven.
PD: Seguro que todos distes conta que a tira humorística que lle dá algún interese a esta entrada non a fixo ninguén desta redación senón o gran Forges. Tomámoslla prestada ao tempo que animamos aos lectores a que visiten a web deste xenio do humor, entre outras moitas cousas. Web: http://www.forges.com/
Publicar un comentario