Publicado por : Adycto 6 de setembro de 2013

Levamos xa tres semanas en Dumfries e comezamos a adaptarnos de cheo á vida na vila. En principio, tiñamos pensado falar hoxe sobre a noite na cidade pero imos deixalo para máis adiante porque, aínda que demos unha volta polos pubs a pasada fin de semana, non contamos coa suficente experiencia na materia. Agora ben, para un par de apuntes sí temos: esqueceros de saír  a cubatas e levade cartiños abondo que o de beber está caro. Ata hai caixeiros dentro dalgún dos pubs dunha vila como esta, de pouco máis de 30.000 habitantes.



Esta semana apuntámonos como voluntarios no Multicultural Center de Dumfries, un lugar específicamente adicado aos traballadores inmigrantes e as comunidades minoritarias que viven na vila. Alí, ademáis de clases de "conversation" gratuítas e das famosas "ESSOL Classes", de ingles para extranxeiros, puidemos atopar toda a información necesaria para ir integrándonos de xeito adecuado no entorno.

Unha das primeiras cousas que che din, no referente ao tema da integracion, ten que ver coas "social customs" dos habitantes do Reino Unido. Aínda que parece obvio,  cremos adecuado comentalo. Os Scottish, como todos os británicos, valoran moito o uso do "thanks" e do "please" así que se visitades as Illas xa sabedes, a comportaros coma o primeiro día na casa da sogra.

Outra cousa que aprendimos no Multicultural Center é que, se vas pasar unha boa tempada por estas terras, é importante que abras unha conta nun dos "banks" ou "Building Societies" da vila. Vaiche sair moito máis a conto para todo: sacar cartos no caixeiro ou facer pagos (aloxamanto, taxas, etc). Para abrir unha conta precisas: o DNI orixinal, unha proba do teu lugar de residencia (factura, etc) e, ás veces, unha proba de que estás traballando. Abrindo unha conta nun banco local aforrarás cartos. Nós estamos á espera de recibir unha carta no domicilio da Scotland University -apuntámonos a un curso de inglés- e, unha vez que a teñamos, iremos a abrir conta no Bank of Scotland, que foi o do que millor faláronnos. Canto iniciemos o proceso xa o contaremos porque, polo que din nalgúns foros, é máis complexo que chegar alí e asinar. Xa veremos.

Contáronnos moitas cousas máis como que os museos na Vila son todos de balde ou que as librarías tamén son gratuítas pero unha das cousas que máis graza fíxonos foi o da "Citizenship Ceremonies". Resulta que se queres facerte cidadán británico de facto debes participar nunha cerimonia na que "fas unha afirmación ou tomas xuramento ao monarca e ao Reino Unido". Iso si, eles elixen, unha vez feita a solicitude se es "elixible". Por se estados interesados no proceso deixamos eiqui un enlace. A nós fíxonos moita coña, e máis despois de ver o tipo de cerimonia que é (o da foto). Igual probamos a facelo e todo.

Por ultimo comprobamos unha das cousas que máis nos chamou a atención nestes primeros días en terras escocesas, o da variedade de culto. No Multicultural Center confirmáronnos que en Dumfries hai templos de diferentes cultos. A relixión maioritaria é a Protestante ( Church of Scotland) aínda que tamén conta con moito pulo a relixión Católica. Iso sí,  en Dumfries tamén podes atopar templos da Chrurch of the Latter Day Saints ( o nome xa dá medo), unha mesquita, e diversos puntos de reunión do culto a Baha'is. 

Bueno, e por hoxe pechamos este apunte nas Crónicas da Emigración. A vindeira semana investigaremos en profundidade -pasaremos unha mañá mirando atentamente na praza do pobo como moito- outro deses temas que non deixa de sorprendernos: en Dumfries hai máis maiores de 50 anos tatuados que en toda España. Como titular quedou ben pero igual é un pouco esaxerado. Ou non.



Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -