- Atrás »
- Caixon desastre »
- Xan aínda acordaba
Publicado por : Adycto
24 de setembro de 2013
***** Xan aínda acordaba de cando a xente xubilábase aos 65 anos. De cando para ir ao médico so precisabas levar o teu DNI ou a túa tarxeta sanitaria. Xan lembraba perfectamente como eran as cousas antes do "Nuevo Ciclo Económico", que era como eles chamábanlle á "etapa histórica" iniciada co "Pacto de Salvación Nacional".
A fináis de 2013 e, tras un mínimo periodo de "tregua" nas cifras económicas que o presidente e os seus ministros interpretaron como o "fin de la recesión", os problemas aumentaron de xeito exponencial. A reelección da canciller á fronte de Alemaña en setembro desde mesmo ano reforzou de xeito definitivo as políticas de "Estabilidad Presupuestaria " e de "Mejora de la Competitividad Productiva" en toda a UE. As consecuencias foron desastrosas.
Para manterse no Euro, a UE esixía uns "sacrificios" aos países que supoñían renunciar a todo. Ao coñecerse eses obxectivos, a cidadanía reaccionou. Moi ao estilo do 15 M. Non so porque as manifestacións comezasen un 15 de Novembro, senon porque a xente plantouse de novo nas prazas propoñendo alternativas ás medidas esixidas para continuar no Euro. A reacción do goberno a estas manifestacións foi dura. Non podían permitirse que Europa pensara que "España no es un pais de orden, un aliado en el que se pueda confiar". Pero a xente non quedou parada ante a represión policial, reaccionou violentamente porque, a diferenza do primeiro 15 M, xa non tiña nada que perder. Houbo moitos mortos en dous días de altercados, preto de cen. Aí comezou o principio do fin.
Mentres a xente protestaba con violentas manifestacións polas mortes e a represión policial, o PSOE pactaba co PP o "Gobierno de Concentración Nacional que la situación requería". Segundo diría o líder dos Socialistas na rolda de prensa posterior a aprobación en Cortes da remodelación de goberno, a necesidade de que "España cumpliese con sus aliados" obrigaba a "aparcar las diferencias en aras del interés de la nación". Na rolda de prensa, acompañado polo presidente e o recentemente coroado Felipe VI, anunciaríanse moitos cambios importantes: que o líder do PSOE era o novo vicepresidente, que dous deputados socialistas ocuparían as carteiras de Obras Publicas e Exteriores, que o Exército teria presenza nas manifestacións para o seu control e que o país declarábase en Estado de Alarma, "como cuando la huelga de controladores en 2010", dixeron.
As consecuencias foron preto de 2.000 mortos en 4 días, máis de 1.700 civís.O goberno decidiu que era necesario que o Exército asumise o control interno do país polas "nuevas formas de terrorismo que hemos visto estos días en la calle y que hay que controlar" e decretou, tras a autorización pertinente do Congreso dos Deputados, o Estado de Excepción. Aquí foi cando empezou o das detencións preventivas, o peche de publicacións, a suspensión do Dereito de reunión en lugares de tránsito publico, o Dereito á folga...
Desa época xa non sabemos cifras pero moitos morreron, moitos máis desapareceron e moitísimos máis foron detidos. Si sabemos que aprobouse un decreto polo que marcharon á rúa o 50% dos funcionarios públicos sen máis indemnización que 22 días por ano traballado ata un máximo de 12 meses, que a prestación por desemprego reducíuse en tempo e cantidade, que eliminouse o salario mínimo,...Tamén reformouse a Lei Electoral e modificouse a Constitución. Todo en menos dun mes e ante a pasividade da "Comunidad Internacional" que unicamente facía declaracións do tipo "son problemas internos de un país con un sistema democrático de garantías y libertades de probada fortaleza".
E ao mes seguinte, eleccións. E victoria aplastante dos partidos do "Pacto de Salvación Nacional" (PSN) que aproveitaron perfectamente as reformas realizadas e o control dos medios para impoñerse con rotundidade. Non hai datos de coma fixeron para obter o 87% dos votos pero Xan aínda lembraba que non pudo votar, e coma el, moitos outros que coñecía. Un erro de forma, chamáronlle.
Co poder absoluto nas súas máns e co beneplácito da "Comunidad Internacional" que avalaba "el nivel de madurez demostrado por la democracia española en momentos de dificultad" era o momento de terminar o traballo. A Unión Europea avalou o "Memorándum de Medidas Económicas" aprobado polo goberno de España para manter ao país no Euro. Aínda que iso trouxera como consecuencia o fin do sistema de saúde publica e da seguridade social, entre outros. "Sistemas caducos de teorías políticas obsoletas, asistencialistas,...del pasado", dicían.
Xa pasaron 20 años diso e España ocupa agora o o sétimo lugar entre as potencias mundiais. O pasado ano o PIB creceu máis dun 8% e o paro está no 1,7%. E por fin as grandes multinacionáis como Inditex, Apple, ou Movistar apostaron definitivamente por España. As dúas primeiras instalaron os seus maiores centros de producción a nivel mundial en territorio español e Movistar ten localizados todos os seus "call center" no país, así como varios centros de produción. Os beneficios fiscais ofrecidos polo Estado a estas e outras multinacionáis foron imposibles de rexeitar. A mán de obra en España é baratísima e ademáis o goberno do PSN, que leva 20 años do poder, ofrece "estabilidad a los inversores".
Como di o PSN, "España maduró y apostó por la responsabilidad de la ciudadanía. Nada de politicas asitenciales. Caminamos hacia modelos en los que se prime el mérito". Xa non hai sanidade publica, propiamente dita, nin sistema de pensións. Pero, por contra, o negocio dos seguros médicos privados e os fondos de pensións creceron exponencialmente, dando moitos postos de traballo. "Síntomas de madurez del país", din dende o PSN.
E xa poucos lembran como eran as cousas antes do "Nuevo Ciclo Económico". A esperanza de vida diminuiu moito nestes anos e o novo modelo educativo xa non marca unha idade obrigatoria de escolarización. "Sería meternos en decirle a los padres cómo deben educar a sus hijos, va en contra de la libertad de elección", din dende o PSN. Ademáis, o acceso á información é imposible coa "Nueva Ley de Medios y Opiniones", que obriga a ter licenza gubernamental para poder publicar calquera contido na Rede ou en calquera outro "medio" ou "formato"...
Os uniformes e os berros serán máis convincentes que os meus "contos". *****
E así termina a carta.
En fin, nada que non saibades os que coñecerades a Xan, dixo Mauro.
A Xan gustáballe moito falar destas cousas. Por iso repetía tantas veces a mesma historia. Tiña medo de que se perdese ou algo así. E por iso deixou escrita esta carta para ler hoxe eiquí, diante dos seus amigos no día da súa morte...Xa sabedes como era...
A Mauro o interrompeu un estruendo ao outro lado da porta. Nese momento entrou na sala un grupo de homes do Grupo de Delitos Administrativos da Policía. Os seus uniformes negros con adornos brancos eran fácilmente recoñecibles. Entraron berrando algo sobre unha reunión ilegal con lectura de manifesto "contrario a los intereses del pais" e escoltáronnos a todos a un furgón.
O último que escoitamos antes de subir ao vehículo policial foi a un dos oficiáis dicindo: "Y utilizan un tanatorio y el funeral de un conocido, estos sinvergüenzas, para conspirar contra la nación".
Publicar un comentario