Publicado por : Adycto
21 de agosto de 2013

Este venres comenzarán as
Crónicas da Emigración un novo espazo en Xornal Aberto no que, cada venres, contaremos cousas sobre as diferenzas que atopamos entre a vida nas terras escocesas, nas que durante os próximos meses teremos ubicada a redacción, e a nosa terra. Non esperedes un traballo sesudo e profundo senón unha especie de diario de a bordo no que contaremos as vivenzas do conxunto de
paletos que conforman o equipo deste blog nun país no que falan
raro, conducen polo lado contrario e utilizan xeitos de medir as cousas distintos ao sistema métrico decimal...Ata o venres ;)
Publicar un comentario