Publicado por : Adycto
13 de xuño de 2012
Estes días está claro que a noticia da que todos falan, por moito que Nadal gañase o enésimo Roland Garros ou que Del Bosque fixese debutar a España na Euro 2012 cun nove "mentireiro", é a do rescate- perdón, quería dicir liña de crédito en inmellorables condicións- da banca española polas autoridades europeas -perdón de novo, quería dicir Alemaña-. En Xornal Aberto non imos poñernos agora a analizar as consecuencias que iso vai ter para a maltreita economía española (aumento do déficit, novos recortes, etc) porque, entre outras moitas cousas, non somos especialistas en economía, aínda que despois de catro anos de crise cada día sabemos máis. O que imos facer é un pequeno análise de como foi a xestión do goberno da situación, que xa avanzamos, consideramos que é altamente mellorable.
Aínda que podemos botar a mirada moito máis atrás e pensar en como Bankia chegou ao que chegou, imos centrarnos nas últimas semanas. Despois de días ou meses con problemas o caso Bankia estourou cando, tras anunciar os beneficios obtidos pola entidade no último balance contable (algo máis de 300 millóns de euros), comezou a rumorearse que, nese periodo no que se falaba de beneficios, as perdas foran de algo máis de 3.000 millóns de euros. A reacción a estes rumores non tardou en facer que o presidente da entidade, o señor Rodrigo Rato, saise ao paso dos mesmos dicindo que as cousas non estaban ben pero que cun aporte do Estado de algo máis de 6.000 millóns de euros as cousas marcharían moito mellor nun breve prazo de tempo.
E aquí comezan os erros. En primeiro lugar e, ante o tamaño do problema, o goberno fixo "dimitir" a Rato para poñer no seu lugar a Goirigolzarri. A pesares de que dimitira, Rato marchou para a súa casa cunha indemnización de máis de 1,2 millóns de euros (ogallá algún día asinemos nós un contrato no que, aínda dimitindo, cobremos a indemnización). O novo mandamáis de Bankia, aínda que posto polo goberno, asombrou ao mundo dicindo, aos poucos días de marchar Rato, que as necesidades de recapitalización do banco eran moito maiores do que o preveera o seu antecesor. O Goberno, poidendo estar calado e esperar acontecementos, precipitouse e, a través da boca do seu ministro de economía (De Windows) dixo alto e claro que o goberno inxectaría en Bankia o que fixera falta (será por cartos, deberon pensar).
Negra palabra dixo De Windows porque, case que a mañán seguinte, o Goirigolzarri este falou xa de 19.000 millóns de euros -tres veces máis do que dixera Rato- co cal meteu ao goberno nun problema maiúsculo xa que, se a esa cantidade lle engadimos as axudas do FROB poñérmonos neses máis de 23.000 millóns que, en principio, se prevee que necesite Bankia para saír- alomenos momentaneamente- da crise na que anda metida.
O goberno, ante a cantidade de cartos que precisaba Bankia, empezou a barallar fórmulas para a súa recapitalización que incluían a inxección de cartos a través de débeda pública. Na UE rapidamente lle dixeron que isto no valía. O Goberno non paraba de meter a pata. Primeiro unha precipitación da crise, logo falar de máis (hai cartos para Rato), logo buscar fórmulas de financiación non permitidas pola UE, ... Un desastre.
Pero a cousa non quedou aquí. Tras moito darlle voltas e, despois de que Mariano (naniano) recibise as chamadas dos xefazos de BBVA, Santander e La Caixa na que lle comentaban que premiar as entidades financieras mal xestionadas era case que coma competencia desleal para con eles, o presidente e todo o seu Goberno dixeron, unha e outra vez, que a crise estaba controlada e que non sería preciso, non xa un rescate, senón ni tan siquera pedir axuda ás autoridades comunitarias.
Mentres tanto a prima de risco disparábase día a día, a bolsa non deixaba de caer e as accións de Bankia perderan un 65% do seu valor...
O pasado venres, a axencia Reuters (da que evidentemente me fío moito máis que do Gabinete de Prensa de Moncloa) sacou un comunicado no que se dicían dúas cousas: 1) habería reunión por videoconferencia dos xerifantes económicos europeos e 2) habería rescate a España. O Goberno, nun novo e enésimo erro de xestión, pasouse o venres desmentindo este rumor -aínda que sen facelo con convencemento. E mentres chegou o sabado e, con el, a reunión anunciada por Reuters do Eurogrupo.
Esa mesma tarde, trala reunión, un cariacontecido ministro de Economía De Windows comunicábablle ao país que a UE nos concedera unha liña de crédito en inmellorables condicións para sanear a situación do noso sistema financiero. Dixo que as axudas poderían chegar ata os 100.000 millóns de euros (un pastizal) pero que, a pesares de que esta liña de crédito iba a aumentar o noso déficit como país, non habería novos recortes para a cidadanía.
E aquí outro novo erro. Ttras o 23 F e o 11M, nunca a presencia do presidente do goberno foi tan necesaria nunha rolda de prensa como o pasado sábado. E sen embargo, Mariano non compareceu ante os medios senón que a histórica rolda de prensa a deu o ministro de Economía Luis De Windows.
Pero como os erros, alomenos neste goberno, nunca veñen sos, ao día seguinte foi Mariano (naniano) o que compareceu publicamente para tratar de explicar un pouco mellor o tema do rescate -perdón, da liña de crédito en inmellorables condicións-. E o goberno volveuse a liar. Mariano contradixo a De Windows en referencia a se o rescate ía repercutir sobre o déficit de España e, non contento con iso, xustificou a súa decisión de acudir, en medio da tormenta financieira, ao debut de España na Euro2012, laiándose ademais de ter que perderse o partido de Nadal por culpa da viaxe a Polonia. Todo esto nunha comparecencia marcada polo contraluz das cámaras que, por momentos, causaban o efecto de que o presidente íase volatilizar dun momento a outro.
A secuencia de erros cometida polo Goberno é impresionante e en Xornal Aberto consideramos que unha boa parte da inestabilidade que vive a economía española, como todo o mundo cansouse de repetir, procede da falta de confianza dos nosos socios europeos. Falta de confianza que as concatenacións de erros na xestión dunha crise seguro que non aplacan.
Por certo, xa coma anécdota -e tamén como exemplo de mala xestión dunha crise- quédame por comentar a filtración aos medios do sms que supostamente Mariano (naniano) mandoulle a De Windows durante a reunión do Eurogrupo: ‘Aguanta. Somos la cuarta potencia europea. España no es Uganda’.
Creo que hai pouco que engadir...
Excelente trabajo tanto como exposición cronológica de la situación como por el análisis critico de los errores del gobierno.
Una pega, yo seguiré diciendo De Guindos pues considero que el término procede del castizo verbo "guindar"
Jajaja...moi bo o de guindar....
No me parece NADA bien que no se mire para atrás, todo viene de lo que hizo Zapatero.
Sr. Anónimo: El artículo trata de los errores y mentiras del actual gobierno.
Si tiras de la memoria no se olvide de la burbuja inmobiliaria que se puede atribuir en mas del 80% a la época del gobierno de Aznar ni tampoco de las comunidades más endeudadas que curiosamente son las gobernadas por el PP.
A mi no me parece NADA bien comentar desde el anonimato.
En respuesta al comentario realizado por Anónimo queda bastante claro que el post trata sobre la gestión realizada por el gobierno tras la crisis surgida en Bankia.
Evidentemente, si echamos la vista atrás podemos ver con claridad que la fusión que dió origen a Bankia se hizo bajo mandato de ZP.
Ahora bien, si miramos un poco más atrás veremos que la fusión de Bankia se hizo porque dos cajas: CajaMadrid y Bancaja estaban a punto de irse a tomar viento. Tampoco hay que olvidar que estas dos Cajas pertenecían a CCAA gobernadas por el PP hace años.
Si aquí hay para todos, pero en el tema de Bankia es mejor no entrar si lo que se quiere es cargar contra los socialistas.
Un saúdo!
Siento que no haberme identificado, a partir de ahora lo haré.