Publicado por : Adycto 21 de xuño de 2012

Hai un par de días convidamos a @martinhaocampo (conta por certo que recomendamos seguir en Twitter) a un "Café de Redacción" deses que de cando en vez montamos en Xornal Aberto. Foi unha charla moi animada na que esta politóloga, dominadora como poucos de temas como o conflito palestino ou a cuestión lingüística como foco de enfrontamento político entre partidos na Galiza, realizou connosco un repaso da actualidade política aportando, coma sempre, o seu particular xeito de analizar os temas máis candentes da realidade diaria que estamos a vivir.

A conversas foi moi agradable e, coma sempre que falamos con ela, en Xornal Aberto aprendemos moitas cousas. Unha dela, a que dá motivo a este post, é o descubrimento pola nosa parte dun test político chamado o Test de Nolan.  Un test educativo sobre política, composto por apenas 10 preguntas agrupadas en dúas partes, o tema Civil e o tema Económico, de 5 preguntas cada unha. Segundo as respostas que escollamos a cada pregunta o test "produce" un gráfico, chamado Gráfico de Nolan, unha ferramenta tremendamente útil para determinar a posición política dunha persoa sen recurrir a términos vagos e compricados. O test foi inventado por David Nolan, un político e activista libertario estadounidense, e parte do concepto de que casi que todas as ideoloxías políticas pódense medir con bastante exactitude en dúas dimensións: liberdade personal e liberdade económica.

Un tema apaixoante que non deixou a ninguén na redacción de Xornal Aberto indiferente e que tivo como consecuencia que, unha vez rematada a conversa con @martinhaocampo, todos os redactores de Xornal Aberto corrésemos a facelo para ver cal era o resultado. 

Seguro que a estas altura todos estades desexando realizar este sinxelo Test para ver o gráfico que vos sae e, coma en Xornal Aberto sempre estamos pendentes de satisfacer aos nosos lectore, os deixamos aquí o enlace para poder facelo: FAI TI O TEST DE NOLAN. É importante que respostedes o que realmente pensades sobre cada pregunta sen pensar en como vai sair o voso gráfico...

PD: Se quedábades coa dúbida de que resultado sacamos en Xornal Aberto no test a imaxe que preside este post é o resultado acadado no test pola redacción de Xornal Aberto...Seica somos bastante de esquerdas pero bordeando co totalitarismo....Cousas veredes.




Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -