Publicado por : Adycto 31 de maio de 2012

Os que nacimos a mediados dos anos 70 tiñamos unha losa cravada dende hai moito tempo: non eramos protagonistas de ningún feito crucial da historia de España. Explícome. Non coñecimos o franquismo en persoa, non fumos protagonistas da tan manida transición. Cando foi  o golpe de Estado eramos alumnos do desaparecido EXB, na reconversión industrial en España e a crise de finais dos oitenta non traballábamos aínda, etc, etc.

A nosa xeración presumía de ser JASP e, en principio, íamos comer o mundo pero, cando nas sobremesas de calquera comida familiar se falaba de "temas importantes", rapidamente se nos dicía aquelo de: "pero se vos vivides como Dios, tedes de todo e non vivíchedes tal ou cual cousa". Pois ben, todo isto é cousa do pasado. Agora si temos algo que contar do que somos protagonistas principais: a CRISE.

Xa non me da chegado o tempo de estar, dentro de moitos anos, na cabeceira dunha mesa, tomando o café e os postres e poder dicir iso de: "Que saberedes vos de sufrir. Eu vin a prima de risco a 700, a bolsa por debaixo de 5.000 puntos, catro presidente de gobernos nun ano, a volta da cartiña de racionamento, etc, etc". Que gañas de dicir aquilo de " Que saberedes vos, que o tedes todo dado. Eu fun a primeira xeración que viviu peor que os seus pais. Aínda me lembro cando a xubilación era aos 65 e agora, aquí me tedes, traballando con 71 e a 4 anos aínda de xubilarme"..

Vale que estamos a sufrir unha crise de mil demos. Vale que non temos nin idea de como vai a acabar todo, se nunha guerra, nun rescate ou en algo peor pero, polo menos, ninguén nos vai a poder dicir que non fumos os protagonistas dun feito histórico. E iso é algo impagable.

Eu xa estou encargando unha camiseta que diga: Eu vin a prima de risco a 540...e subindo.


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -