Publicado por : Adycto
24 de agosto de 2011
A reforma exprés da constitución plantexada onte polo presidente do Goberno, previa conversa con Rub-al-ca-ETA e con Madiano (naniano) non ten desperdicio e, aínda que ando de vacas por terras casteláns, non podía deixar de escribir aínda que so sexan un par de apuntes.
O primeiro é sobre a propia medida en si: o pacto para a limitación do déficit de xeito constitucional; e o segundo, sobre o xeito en que pretenden cambiar a Carta Magna.
Sobre a medida en sí a miña postura é clara: a falta de poder ler a letra miúda da reforma, paréceme evidente que plasmar na nosa Constitución unha medida como esta é un erro xa que, como pouco, supón darlle unha enorme rixidez. Ademáis, a medida en sí é un ataque frontal ao Estado de Benestar xa que os recortes para conquerir o teito do déficit evidentemente vanse realizar sobre o capítulo máis importante do gasto público: Sanidade, Educación, Servicios Sociais, Axudas á Dependencia, etc. Paréceme que esta medida non é máis que outra demostración de como, tanto o Goberno como a oposición, non son máis que os discípulos aventaxados do liberalismo que, nestes intres, marca o xeito de facer política en Europa. O que está a facer ZP e compañía non é máis que tratar de impresionar aos Malditos Mercados e seguir ao pé da letra as indicacións da Merkel e de Sarkozy. Como se outro camiño non fose posible.
Canto ao do xeito no que queren facer a reforma, sen referéndum, a miña postura non pode ser máis clara. Levo toda a vida a escoitar que reformar a Constitución e algo así como querer romper España. A única vez que se reformou foi en 1992 para adaptar o texto ao Tratado de Maastrich, e tamén se fixo sen referéndum xa que, para que sexa necesario o mesmo, a revisión ten que ser total ou parcial, sempre e cando esta reforma parcial afecte ao Título Preliminar - ese que contén as bases do Estado social e democrático de dereito- ; ou ben afecte aos dereitos fundamentáis ou a Coroa. En todos estes casos a reforma require de aprobación inicial de dous tercios de cada Cámara, disolución das Cortes, aprobación da reforma pola mesma maioría nas novas Cámaras e, finalmente, ratificación mediante referéndum.
Pero como Goberno e oposición - os propoñentes- din que a reforma non afecta ao núcleo duro da Carta Magna, xa que teñen pensado metelo seguramente no Titulo VII pois nada, proceso exprés e secuestro, unha vez máis, da vontade popular. Seguro que hai quen non pensa coma min pero creo que a reforma que se está a propoñer sí afecta ao núcleo duro da nosa constitución porque, como dicía ao comezo, pode afectar a concepción de Estado Social.
E aínda que así non fora, esta iniciativa demostra, unha vez máis, a falta de cultura democrática de España que, para facer unha reforma da súa constitución escolle o mes de agosto, cunha data xa posta para as eleccións xerais e sen darlle a cidadanía a posibilidade de debatir sobre un tema que coido que pode cambiar sustancialmente a nosa Carta Magna.
Mexan por nos e temos que dicir que chove, que diría o gran Castelao.
Tomásss, son Jorge, o ex-compañeiro de Chus. Ainda que non faláramos moito en galego, saqueime o Celga e polo menos doulle uso. Douche a miña opinión sobre a reforma esta que parece un coello sacado da chistera de súpeto. A min non me parece nin ben nin mal que estexa na Constitución. Supoño que non terá ningún mecanismo concreto cando chegue o caso de ter déficit. O déficit é o resultado de unha coordenada de ingresos e gastos. Parece razóabel e factible, que no eixo dos gastos, se poida levar perante o Tribunal Constitucional unha lei orzamentaria cando poida causar déficit nas contas. Mas, ¿e os ingresos? ¿Podería ser inconstitucional unha lei tributaria que non permitise recadar o suficiente? Ou cando a situación sexa de deficit, ¿que se fará contra a inactividade dos poderes públicos? Pss, penso que a reforma estará nos "principios reitores da política social economica", que ten un valor moi relativo. Pero bueno, a fin de contas, a Constitución ten para os políticos un valor moral.
Eu non penso que sexa unha medida neoliberal. Se hai déficit permanente e grave, é imposible manter un Estado máis ou menos social. O déficit ten que estar controlado, e despois, das Cámaras e do Goberno, dependendo das prioridades políticas e sociais que teñan, saldrán normas e orzamentos que den prioridade á educación e a sanidade ou non. Pero eso sucede mesmo sen controlo do déficit. Dito doutro xeito, o déficit controlado non garante que se fagan políticas en beneficio dos cidadáns, pero o déficit sen controlo tampouco.
Fagan o que fagan na Constitución a liña que se vai seguir nos anos vindeiros é de destrucción de todo o sistema de protección social, pero eso xá o sabíamos...
Interesante apunte pero lémbroche que o control do déficit pode hacerse perfectamente sen ter que modificar a constitución, por ejemplo mediante unha lei. O feito de que se quera establecer este teito de gasto constitucionalmente sòame máis a querer asegurar a redución de inversión social no futuro....e logo non digas q non é curiosa a data escollida, cun gobernó con data de caducidade,etc. DA MEDO!