Publicado por : Adycto 31 de agosto de 2011

Moitos somos os que, hai xa algúns anos, quedamos abraiados pola película Matrix dos irmáns Wachowski. Nese film No film plantexábasenos un futuro no que case que todos os seres humáns foran esclavizados, tras unha dura guerra, polas máquinas. Estas teñen en suspensión aos humáns e ás súas mentes conectadas a unha simulación social que representa o final do século XX, Matrix. Os seres humáns son usados polas máquinas para obter enerxía, e os poucos humáns descendentes dos que non caeron nas redes dos robots ou que foron liberados de Matrix, viven na cidade de Zion. Dende alí, unha pequena flota de naves móvese polo subsuelo, entrando de xeito clandestino a Matrix e tratando de liberar cada vez a máis persoas conectadas, buscando a aqueles que intúen que algo non é correcto no ilusorio mundo no que viven.

Explico esto porque, cada día máis, síntome un pouco como vivindo tamén nunca especie de Matrix creada, esta vez, non polas máquinas senón por unha élite de persoas que fan e desfán o que lles peta mentras nos, aínda sen despertar do mundo ilusorio no que vivimos, tratamos de solucionar os nosos moitos problemas dende dentro da realidade que vivimos. Non sei se me explico pero vou a tratar de
facelo.

O sistema político español, a democracia da que tanto presumimos, o noso sistema financieiro, os partidos políticos,...en resumo, todos aqueles instrumentos que pensamos que son os que poden "darlle unha volta" a esta realidade que estamos a vivir non son válidos para o fin que buscamos, xa que non son máis que unha ilusión de poder cidadán creada por esa élite da que falaba ao comezo que é a que realmente controla todo. Se polo menos a sociedade despertase de súpeto do seu sono inducido ao mellor habería esperanza, pero mentres a sociedade siga a vivir en Matrix, a guerra será case que imposible de gañar.

A estas alturas todos estaredes pensando que estou exaxerando e que a cousa non é tal e como eu a vexo pero vou a apoiar a miña teoría nunha serie de datos que é importante coñecer pero que, no fondo dos nosos corazóns, todos coñecemos xa aínda que só sexa por intuición.

En España, que é de onde teño os datos gracias ao traballo "Una aproximacióna la red social de la elite del poder económico en España" do profesor da Universidade de Vigo Iago Santos Castroviejo, a situación é clarificadora. As empresas que cotizan no Ibex tiñan no ano 2008 ( que é o periodo de traballo do estudo do profesor Santos Castroviejo) un valor de capitalización bursátil de casi 800.000 millones de euros. Esta cifra supón máis do 80% do PIB dese ano en España. Ben sei que a capitalización bursátil e o PIB dun país non son valores comparables pero coido que poden servir moi ben para facer os unha idea do poder que teñen sobre a economía española as empresas que cotizan no Ibex .

Ben, coñecido este dato, a pregunta é evidente. Cantas persoas controlan estas empresas? Segundo o estudo do profesor Santos Castroviejo son 1.200 as persoas que forman parte dos Consellos de Administración das mesmas. Eran máis inicialmente (1.400) pero despois de eliminar duplicidades de cargos e outras cortinas de fume a cifra queda en 1.200. Por certo, desas 1.200 persoas que en España controlan o equivalente a máis do 80% do PIB só 75 son mulleres.

Por ser xenerosos imos tomar como dato os 1.400. A conclusión é aplastante “1400 persoas –un 0.035% da poboación- que controla decisivamente o recurso económico fundamental, as organizacións esenciais da economía, e unha capitalización de 789.759 millóns de euros, equivalente al 80.5% do PIB España". E, cómo se chega a ser un deses 1.400? Que fan?

Como explica Aberto Garzón no seu excelente blog Pijus Económicus no post titulado "La elite social del capitalismo", un podería pensar que esta élite está formada polos mellores traballadores, aqueles con mellores aptitudes ou dotados dunha excelente visión estratéxica. "La realidad, sin embargo, dista mucho de ser esa. Los consejos de administración son hoy formados por individuos con recursos, pero no de tipo cultural sino de algo que en teoría de la empresa llaman, en sentido amplio, capital relacional. Ese palabro hace referencia al “valor” que una persona cualquiera tiene por su capacidad para aportar a cualquier proyecto -empresarial- una determina cantidad y calidad de contactos políticos y empresariales".

Alberto Garzón o explica de xeito sinxelo "La procedencia de la mayoría de estas grandes estrellas es el mundo político. Ahí tenemos al ex presidente español Jose María Aznar siendo consejero de News Corporation, el entramado financiero de Murdoch y propietario de una lista casi sin fin de medios de comunicación, los ex ministros populares Rodrigo Rato, Abel Matutes o Isabel Tocino que lo son en el Banco Santander, el ex primer ministro británico Tony Blair que recaló en el gran banco JPMorgan, el ex presidente del PP catalán Joseph Piqué que está en Vueling, el también ex ministro popular Eduardo Zaplana que está en Telefónica, el ex presidente alemán Gerhard Schröder que está en la multinacional rusa GazProm, etc."

Estes son os que mandan e deciden no país e o mesmo ocorre no resto de países. O poder político de pouco vale. A reforma constitucional que estamos a sofrer estes días a fan eles e non os políticos contra os que botamos pestes porque, estes políticos non son máis que marionetas nas mans desta élite dirixente, destes "axentes Smith" responsables de que nada se mova en Matrix. Iso si, moitos dos políticos que temos agora formarán logo parte da clase dirixente como pago aos servizos prestados e o resto, no mellor dos casos, aínda non espertaron do sono.

A única esperanza é que a xente sega despertando e que os millóns de traballadores que cada día deixan o seu lombo a cambio de soldos miserables, durmidos espertos co opio do endebedamento e dunha mellora de posición no escalafón do mundo a través dos seus fillos, comprendan que é necesario resetear o sistema e gañar unha guerra que xa dura demasiado tempo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -