Publicado por : Adycto 10 de agosto de 2011

Onte pasei a tarde na praia cun bo amigo ao que había xa algunhas semáns que non vía. Falamos de todo un pouco, que como andaban el e a súa moza, de amigos comúns e, coma non, de todo o que estaba a acontecer en España nos últimos tempos. Falando falando chegamos ao tema da vivenda en España e á obsesión que os galegos en particular e os españois en xeral temos con mercar unha. Entón, este bo amigo faloume do traballo dun mozo chamado Aleix Saló, un ilustrador catalán que fixo un libro chamado Españistan, que xa vai pola terceira edición, e que está a ser un auténtico éxito. E non é para menos. Ademais do libro, o ilustrador fixo unha montaxe impresionante sobre o tema. Seguro que xa o coñecedes pero, senón é así, dedicádelle 7 minutiños a este video porque é realmente fantástico. Educativo, sinxelo,....magnífico traballo!. Xa me diredes.



3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    O vídeo está moi ben, pero ... despois creo que veu Zapatero, aínda que non se menciona.

  2. Adycto dí:

    Si, mencionase. O sacan falando de que España estaba ña champions lij! E sae tamen caricaturizado...mira o outra vez!

  3. Anónimo dí:

    Non teño ganas de velo outra vez, se mo dis tí créote, vémonos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -