Publicado por : Adycto 15 de marzo de 2011

A entrevista que hoxe lle fixo a xornalista Ana Pastor, no programa Los Desayunos de TVE, ao presidente da República Islámica de Irán, Mahmud Ahmadineyad, é unha destas cousas que, por pouco comúns, resultan estranas no actual panorama televisivo nacional. Non vou a opinar sobre o que dixo Ahmadineyad na entrevista nin nada polo estilo. Simplemente, seguindo unhas das máximas de Xornal Aberto, vou a pedir que a vexades. Xa sabedes que son partidario de escoitar a todas as partes antes de conformar unha opinión. Tamén sabedes que moitas veces teño criticado, e o seguirei a facer, que nos medios de comunicación cos que contamos en España só podemos escoitar, en moitos casos, unha soa versión dos feitos obviando, en demasiados casos, o que ten que decir a outra parte impricada na "noticia" [Cuba, ETA, etc]. Por iso están moi ben apostas como a feita por RTVE esta mesma mañán. Poder escoitar a versión das cousas que ten Admadineyad, as compartamos ou non, axudaranos a ter unha opinión moito máis fundada e precisa sobre temas dos que, moitas veces, damos moitas cousas por supostas.

Parabéns.



Se queredes ver o video completo da entrevista este é o enlace:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/los-desayunos-de-tve/ahmadineyad-intervencion-militar-libia-solo-empeorara-cosas/1045485/

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    As risas co do velo da xornalista....disque caeulle e non se deu de conta....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -