Publicado por : Adycto 17 de marzo de 2011


Moitos de vos lembraredes perfectamente a figura de Pérez Varela, sempiterno conselleiro de Cultura dos gobernos Fraga. Sobre Pérez Varela circularon sempre moitos rumores durante a súa etapa de conselleiro: que se listas negras de xornalistas, que se crecemento brutal do seu patromonio durante a súa etapa na política, que se Carmiña Burana, que se pilotar o proxecto da Cidade da Cultura...Recentemente, concretamente o pasado 13 de marzo, a xente de Xornal de Galicia -un dos poucos bos xornais que en papel aínda se poden ler- fixeron con el un Café de Redacción máis que interesante. A súa lectura é moi recomendable porque Pérez Varela non deixa de decir sandaces como que os cartos investidos na Cidade da Cultura- que el cifra en 284 millóns de euros- "non chegan a tres cristianos ronaldos". Todo moi sensato, moi de Pérez Varela.

De entre todas as cousas que lle fixeron os rapaces de Xornal de Galicia quédome con esta pregunta e a pertinente resposta.

"E aquilo de 'Carmiña' Burana?

As lendas urbanas hai que deixalas seguir porque é inútil negalas. Escoiten e lean a prensa daquel día. Non quero dar máis explicacións sobre o tema, pero non foi como se conta. Unha xornalista dunha radio chegou tarde á rolda de prensa e pediume que lle falara do tema para que ela puidese ter un corte para a súa emisora. Eu fíxenlle unha broma dicindo que non se preocupase, que só nos ocuparamos de anunciar a presenza da gran cantante galega Carmiña Burana. Foi unha resposta de broma e á marxe da rolda de prensa. Que alguén poña o corte daquela rolda de prensa e que busque onde dixen eu iso... pero tenme sen coidado. Se me queren crer, créanme. A partir disto, o de Carmiña Burana repetino moitas veces de broma e é unha lenda urbana que quedará aí."

El contará que foi así pero eu aínda me lembro do corte concreto da entrevista e, ademais, para todos os usuario de facebook o deixo aquí colgado e para os que non o sexades neste outro enlace. Vos diredes pero a cousa non soa como a conta o ex-conselleiro. Ou sí?


3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Boíiiiiiiiissssssssssssssssiiiiiimmmmooooooo! que cara ten o tío!

  2. Así que foi deste individuo a idea da Cidade da Cultura...

    No comments

  3. Adycto dí:

    Supoño que a idea sería mais ben de fraguel pero o que levou adiante a obra e todo o que a rodeaba foi el..

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -