Publicado por : Adycto 11 de marzo de 2011

Nunca fun dos que andan cun pano constantemente diante do nariz para soar os mocos. Tiven sorte e, aínda que de pequeno era alérxico ao po e ao pole, de maior nunca tiven problemas con isto. A miña moza e un dos máis antigos amigos que teño (un saúdo David) si que son de levar sempre enriba un pano para os mocos e, en determinadas épocas do ano, case que respiran a través del. E digo isto porque, dende pequeno, sempre pregunteime que pasaba cos mocos que non soabas. A observación continuada durante anos, sobre todos destes dous que comentaba antes, dime que se os soas quedan no pano e vólvenche a sair máis ao momento así que a produción de mocos (polo menos no caso de moitas persoas) é case que infinita. E se non os soas, que pasa con eles?

Eu sinceiramente coido que van para o cerebro e estorban os procesos mentais provocando que digamos incoherencias. E digo isto por buscar unha explicación ao par de inxeplicables comportamentos de dous políticos, Miguel Sebastián (PSOE) e José Ignacio Echeverría (PP), nestes últimos días.

No caso de Miguel Sebastián, o actual ministro de Industria do Goberno ZP, resulta que o pasado venres compareceu en rolda de prensa para presentar as medidas adoptadas polo goberno para reducir o gasto enerxético no país. A proposta estrela foi subvencioar a sustitución dos neumáticos duns 60.000 vehículos por outros máis eficente, os da "etiqueta a". O problema está en que as rodas que o ministro propuxo subvencionar NON EXISTEN, como así o fixeron saber estes días varios fabricantes. Pouco máis que decir.



No caso de José Ignacio Echeverría, o conselleiro de Transporte e Infraestructuras da Comunidade de Madrid, a cousa é todavía máis divertida. Resulta que o responsable rexional de transportes da Comunidade dixo no parlamento autonómico que o "metrobús NON EXISTÍA", referíndose ao abono de 10 viaxes para metro e autobús co que conta a Comunidade dende o ano 1998. Véndense case que dous millóns de títulos ao mes. A cousa é todavía pior cando ves o video da sesión e ves como Echeverría mófase do seu rival político por falar de algo que, para el, non existía: o metrobus.




O que eu diga. Teñen que ser os mocos. Nesta época do ano abundan as alerxias e os catarros e coma os políticos andan tan ocupados con esto da crise non os poden soar e van para o cerebro. E logo pasa o que pasa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -