Publicado por : Adycto 24 de decembro de 2010

Un ano máis chegamos de repente, coma que sen darnos de conta, á Noiteboa. Cea coa familia, comida ao dia seguinte con outra parte da familia, discusións políticas con xente coa que non debes discutir, calentóns por calquera cousa, Raphael na tele; cuñaos, xenros, primos, tíos, pais, comida, sogras, marisco, crisis, ausentes, presentes, boas caras, felicidade de postal, chamadas telefónicas, mensaxes de texto, frío, discurso do Borbón, bos desexos, sorrisos de anuncio de Colgate, comentarios feitos a dar, miradas complices cos teus,...E todo isto misturado cun desexo irremediable de moita xente por tratar de amañar nestas datas todo o mal feito no ano. Como xa imaxinades non son moito destas datas. Hai tempo podería parecer unha pose de "neno malo" pero xa hai anos que deixei a etapa da miña vida na que podería ser considerado un neno. A verdade é que, sinceiramente, non me gustan nada estas datas e adoro cando chega o 26. Polo demais, nada que non saibades. Bueno, unha cousa. O vindeiro martes marcho para Roma a pasar uns días e o cabo de ano, así que o seguinte post será dende a capital italiana. Espero ter sorte e poder falar con Berlusconi para ver se está interesado en "comprarme" para algo ou en que participe nalgunha desas festas que seica organiza de cando en vez.

O dito, que Bo Nadal para todos!! Por certo, unha cousa que sí adoro do Nadal é que poñan na tele "Qué bello es vivir", a peli de Frank Capra protagonizada polo gran James Stewart e a fermosísima Dona Reed (nesta peli non podes deixar de namorarte dela). Pois iso, nada máis.


2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Muy emotiva la peli, está muy a juego con la costumbre de la ingesta de turrón y frutas escarchadas de estos días.
    Te deseo una feliz estancia en Roma. El pasado mes estuve una semana en Italia, cometí el error de contratar un "tour" nos pasearon por todo el país y en Roma sólo estuvimos un día. Quizá haré algún día una PARIDA con mis impresiones sobre las momias papales exhibidas en la basílica de san Pedro.
    Felicidades
    Joseluis

  2. Adycto dí:

    eu xa estiven algunha vez pero do Vaticano podo contar pouco porque, como non podía ser doutro xeito, non paguei por entrar....espero escribir o seguinte post dende unha fermosa praza romana

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -