Publicado por : Adycto 3 de xaneiro de 2011


Xa estamos de regreso á rutina. Xa pasaron as minivacacións en Roma e xa chegou, como todos os anos, o tempo dos bos propósitos. Coma a experiencia, ano a ano, vainos facendo máis sabios, para este ano os propósitos son cativos para, deste xeito, poder cumplilos. 2010 foi, no persoal, un ano no que dinme de conta dos moitos erros que cometín e tratei de correxilos. Espero completar esta obra en 2011 e voltar ao camiño que nunca debín abandoar. O camiño correcto. Aquel que todos sabemos que é o correcto pero que moitas veces, por preguiza, non collemos.Os meus propósitos persoais son seguir fumando (agora que cada vez está máis difícil) e, como dicía antes, tratar de ser a persoa que algún día fun pero, para Xornal Aberto, os propósitos si que son altos. O que pretendo é facer unha especie de decálogo, coa colaboración de todos os lectores, con cousas que é preciso cambiar en España.

Non vai a ser algo demagóxico é fácil, senón algo razoado e ben mirado. Con datos, con enlaces, en profundidade. Serán dez posts nos que espero contar coa colaboración e o debate de todos e que, unha vez pechados, darán lugar a un documento que colgarei en Xornal Aberto e que espero que sirva para, polo menos, deixar constancia das miñas (nosas) propostas para o país. Na miña estancia en Roma, da que deixo constancia cunha foto da Praza de San Pedro (que pobre é a igrexa), xa lle estiven dando voltas a algúns dos temas a abordar como o pagamento de taxas, multas e impostos de xeito proporcionado aos ingresos das persoas; a eliminación das deputacións provincias; e outros temas que, pouco a pouco irei colgando. O propósito é colgar un destes posts cada quince días, co cal no mes de maio poderemos ter finalizado o decálogo.

Ademais destes "artigos en profundidade" e, coma sempre, tratarei de ir seguindo e comentando aquelas cousas que chamen a miña atención nos medios de comunicación, así como aquelas outras cousas que me interesan. O dito, un proxecto bonito e ilusionante para un 2011 no que as cousa parece que non van a mellorar todo o que moitos desexamos. O primeiro destes "artigos" aparecerá o VENRES 21 de xaneiro.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -