- Atrás »
- Cidade da Cultura »
- A LIMPEZA DA CIDADE DA CULTURA
Publicado por : Adycto
5 de agosto de 2010
Xa sei que a moitos o tema da Cidade da Cultura non é dos que máis lle preocupa. Xa sei que a xente está agora pensando máis en temas coma o paro, a situación económica en xeral ou a onde van a ir de vacacións con 300 euros de orzamento para todo o mes. Sei que non é tema de interese para moitos pero como é unha das miñas obsesións non vou a deixar de falar dela.
Hoxe non vou a facer balance de todo o que este proxecto lle ten costado a Galiza. Non vou falar dos case que 500 millóns de euros investidos, nin da utilidade dos edificios, nin dos anos que levamos os galegos con esta obra ás costas, nin do teleférico que se pensa contruir para comunicala con Santiago, nin sequera vou a preguntarme cando a van a abrir. Hoxe vou falar doutro dos temas que me apaixona cando falo da "Pista de Esquí de Compostela": os gastos de mantenemento que os galegos imos ter que pagar, ano tras ano, independentemente da programación cultural que vaia a albergar -se é que así o fai algún día-. Pois ben, como brilantemente comenta Manolo Cheda (un excelente xornalista da Voz que leva detrás do tema da CdC moito tempo con grande acerto), unha empresa compostelán, concretamente Limpezas Salgado, acaba de gañar o contrato para encargarse da limpeza do complexo durante un ano. O importe do mesmo é de 143.402 euros.
Non vou a entrar en que sexa caro ou barato -que seguro que é barato- senón en que hai que reflexionar, unha vez mais, sobre o monstruo de pedra que cada día vixía dende o Gaiás a vida dos composteláns. Xa non é que sexan moitos os cartos que está costando construilo senón que mantelo vai ser máis caro que traer aos U2 e aos Rolling Stones cada verán a Compostela para que toquen na praza do Obradoiro.....E non é coña, que esto é o peor.
Excelente artigo... como sempre, ainda decir que donde pos U2 ou os Rollings eu pondría Metallica ou Sakira...
:-P
Nice post and this fill someone in on helped me alot in my college assignement. Thank you as your information.