Publicado por : Adycto
18 de agosto de 2010
Na Galiza levamos un mes de agosto compricado co tema dos lumes forestais. Preto de Santiago, en concellos como Brión ou Negreira, arderon estes días moitas hectáreas de monte e, como cada vez que arde o monte, a un lle dan gañas de empezar a pegar tiros. Xa morreron dous brigadistas en Fornelos de Montes e, ao paso que imos, morreran mais porque os lumes que están a queimar Galiza estes días son lumes provocados. Non son despistes de que alguén tira a cabicha do cigarro dende o coche ou unha barbacoa que se descontrola. Son lumes provocados que se inician en varios sitios á vez, ás costas dos medios de loita contra eles, etc. Hoxe colleron a dous homes como presuntos autores de senllos incendios forestais dos que asolaron Galiza estes días. Ambos teñen 63 anos e, polo momento, non trascendeu que foran enfermos mentais nin nada parecido. Son simplemente fillos de puta que por algún interese particular están a por en risco, non só a vida de moitos galegos, senón tamén un dos nosos principais patrimonios: a natureza.
E como en Galiza somos así, hoxe toca facer política tamén dos lumes. Agora parece ser que dende a Consellería de Medio Rural non se quere facilitar información sobre superficies queimadas e estas cousas porque "pode incitar á xente a plantar lume". Aínda me lembro cando, no ano 2006, cando Galiza foi asolada pola maior vaga de lume que lembro e o conselleiro de Medio Rural, o bloqueiro Suárez Canal, daba varios balances diarios da situación dos lumes. a xente do PP o criticaba por dar pouca información. Manda Carallo!!
Lémborme tamén, porque teño boa memoria, dunha circular do PP da Coruña, asinada pola hoxe alcaldesa de Betanzos Maria Faraldo, aos concellos onde gobernaba o partido dirixido xa por Alberto Núñez Feijóo para instar aos seus alcaldes a atrasar a creación das brigadas contraincendios, e a firma dos convenios con Medio Rural, para facer presión política independentemente do custe que isto tivese para o país.
Tamén me lembro de como o hoxe desaparecido presidente da Xunta (e digo desaparecido porque co protagonista que sempre é, con isto dos lumes non se lle ve por ningures) destacara ante os medios, trala morte de dúas mulleres nun lume, que esa era “a primeira vez en quince anos” que alguén alleo ao persoal de extinción de incendios falecía a causa do lume algo que, polo tanto, non ocorrera co PP gobernando Galiza.
De todos os xeitos, do que mais me lembro era de como o PP trataba de sacar partido político dos lumes no 2006 inclusive con erros de bulto, en materia de comunicación, como aquela foto de Feijóo facendo que apagada un lume vestidito de "pijo" e que hoxe preside este post. Que tempos é presidente?

Dende logo, o da foto de Feijoo que ilustra o teu post tería moita gracia de non ser porque non ten gracia ningunha. Xa empezamos como sempre con esta xente, a mentir descaradamente. Vaia morea de déspotas, ao parecer a información en mans dos cidadáns non lles parece boa idea, non sexa que nos botemos todos ao monte cunha lata de gasolina.
Dende logo as políticas ambientais deste goberno son do mais retrógrado que vin na vida. O do decreto para desprotexer unha boa parte do noso litoral, agora a política de lumes cunha empresa pública, seaga, cun 90% de persoal temporal e con todo tipo de deficiencias no material (iso sí, o cupo de "amiguetes" abrochando en cargos da empresa, coma sempre, ben alto, porque eses non figuran nos números de "altos cargos" oficiais, e así podemos seguir a dicir que levamos a cabo unha política de austeridade...).
O que aínda non entendo é como non ardeu este país dun lado a outro. Iso sí, de pasar algo semellante, gostaríame ver a política informativa da Xunta ao respecto. Porque o dos lumes na "raia" con Portugal é de chiste, e os alcaldes declarando que nos seus municipios hai lumes activos cando dende a Xunta se di o contrario...
Esperemos que chova, que é a política medioambiental que temos neste país dende fai tempo. E non o digo só polos que están agora.
Un saúdo.