Publicado por : Adycto
27 de xullo de 2010

Pero se iso me da noxo, non sei se me da todavía máis ver ao alcalde de Compostela -o socialista Bugallo- pedirlle tamén ao apóstolo que axude a solucionar as cousas. Ver a un socialista nesta tesitura tamén me da que pensar.
Por outra banda aproveito, aínda que sexa brevemente, para lembrarlle aos nosos queridos lectores que en breve -concretamente no mes de novembro- o xefe dos curas, ese que chaman Benedicto, vai a estar en Compostela de peregrinación. Sobre esta visita dicir só dúas cousas: a primeira, que a gracia vai costar entre 2 e 4 millóns de euros e que vai sair dos MEUS, TEUS, NOSOS, impostos; a segunda que, ás poucas horas de que se anunciase a visita papal os hoteis de luxo de Compostela xa non tiñan praza. Como ben comprenderedes non creo que os nosos impostos, os dun Estado como o noso, teñan que server para pagar estas cousas. Se os católicos queren que veña o cura ese que o paguen eles do seu peto. Iso si, parece que a visita do papa serviu para algo bo: serviu para que comezase unha campaña de rexeitamento da visita papal que se aglutina baixo unha bandeira que xa colga de moitos balcóns composteláns. Eu nom te espero!!
Por muchas vivencias que experimentamos no dejamos de sorprendernos.
Lamento contigo de las posturas de muchos socialistas en función que no han asimilado el carácter laico del Estado.
A mín traeme sen coidado se vai vir o Papa ou non, porque enfin, a Igrexa Católica xa perdeu. aos meus ollos, xa fai moitos anos a hexemonía de líder espiritual do que eles se apropían.
Como contraprogramación propoño unha actuación de Leo Bassi na Praza de Quintana durante o horario da ceremonía do xefe dos pederastas.