Publicado por : Adycto 1 de xuño de 2010


Como algúns dos lectores de Xornal Aberto non acababan de crerse que o proxecto do teleférico (Monoraíl!! a partires de agora) seguise adiante, nada mellor que comentar a nova publicada hoxe polo Correo Galego na que o concello protesta pola paralización temporal anunciada pola Xunta con repecto a este proxecto. No Correo Galego de hoxe podemos ler os "beneficios" que o monoraíl traerá a Compostela. Según o xornal (e o concello) a viaxe no monoraíl costaría tan so un euro para todo aquel que desexe sobrevoar os ceos de Compostela para, a continuación, desembarcar no monte Gaiás.

O xornal e o concello defenden a idoniedade deste proxecto frente a outros polo seu escaso custo, aproximadamente 19,5 millóns de euros mais os gastos de conservación ( en torno a 1,5 millóns mais). Pecata minta!!!

Polo que respecta ao proxecto da segunda liña (a que iría a Praza do Matadoiro) o xornal e o concello defenden o ben que isto lle faría a Compostela xa que, se a zona de desembarco de viaxeiros se establecese no campo de fútbol de Belvís iríase ao traste a "espantosa Casa da Xuventude". A instalación do monoraíl permitiría, segundo o xornal compostelán, poñer en valor as ruelas de A Tafona e Fontiñas, que forman parte dos sendeiros tradicionais de conexión e tránsito polo parque de Belvís, así como recuperar parcelas aledañas á área recreativa, hoxe en estado de abandono. O plan ideado polo Consorcio conlevaría o derrubamento do edificio que preside a praza do Matadoiro -a Casa da Xuventude-, obra que, segundo o xornal, ten sido cuestionada prácticamente dende a súa construcción.

No xornal, co obxecto de convencer a todo o mundo fálase de que os traxectos do percorrido do monoraíl apenas durarían 12 minutos e a frecuencia do servizo sería moi alta.

En resumo, para os que pensaban que isto do monoraíl era unha tropelía que trastocaría de xeito irreparable o conxunto arquitectónico que conforma Santiago e que inclusive podería facer que Compostela perdese a clasificación como cidade patrimonio da humanidade outorgado pola UNESCO dicirlles que o concello segue adelante coa idea. A realidade moitas veces supera a ficción!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -