Publicado por : Adycto 2 de xuño de 2010

Parece que a xente do Correo Galego, e por añadidura do concello e o consorcio de Santiago de Compostela, está obsesionada co proxecto do monoraíl. Hoxe, por segundo día consecutivo, nas páxinas do xornal compostelán aparece unha defensa enconada do proxecto titulada, nesta xornada, "Sotenible, desmontable e barato: O teleférico o ten todo". Sei que soa un pouco partidista de mais pero, o creades ou non, é así como o titulan. Na defensa a ultranza que se fai no mesmo sobre o proxecto coido que á xornalista, neste caso Estela Eiré, foiselle un pouco a pinza, ate o punto de cometer algúns erros (ou iso quero pensar eu). Así, cando fala dos beneficios que o monoraíl lle traerá a Compostela, a xornalista escrebe "el teleférico podría mover hasta dos mil personas cada hora, lo equivalente a la capacidad de 400 autobuses o mil turismos". Home, está claro que 2.000 persoas por hora son moitas pero dicir que equivalen á capacidade de 400 autobuses paréceme un pouco de mais. A non ser que en cada autobus foran só cinco persoas. Pero xa postos a facer contas deste tipo mellor falar de que a capacidade de desprazamento de persoas do monoraíl é equivalente á de 2.000 autobuses urbáns (se so vai o condutor dentro). Con no poñer o que vai entre paréntesis xa está. En resumo, que cada un defenda o que queira pero con argumentos serios, por favor.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -