- Atrás »
- Cidade da Cultura »
- UN RÁPIDO
Publicado por : Adycto
28 de maio de 2010
Que non!....que non vai de sexo o post. Hoxe leo nas principais cabeceiras galegas que por fin a alguén lle debeu de vir o sentido de golpe na Xunta e decidiu que o teleférico co que levaban anos ameazando, para conectar a Santiago de Compostela coa Cidade da Cultura (CdC), se "demora sen datas" para poder "priorizar outras actuacións". Xa non vou a falar máis da CdC porque parece que teño algo en contra de todo o que se fai alí (que o teño) pero que, nestas èpocas de apreturas económicas, deixemos de gastar 20 millóns de euros (xa había 2 nos orzamentos deste ano) nun proxecto que, por outra banda, podería lograr que Santiago quedase sen o recoñecemento da UNESCO como cidade patrimonio da humanidade paréceme una boa nova, sexa cal sexa a expliación que ven detrás.
Para os composteláns que leades habitualmente Xornal Aberto unha pequena corrección. Eu sempre pensei, e así o contei, que o proxectado teleférico que hoxe parece que vai desaparecer (por moito que digan que simplemente se retrasa) das nosa vidas tería dúa liñas: unha corta, que conectaría a CdC coa estación do tren; e outra larga, que segundo o que eu sabía tiña previsto conectar a CdC co parque de Belvís. Pois ben, estaba errado. Resulta que, durante a interveción realizada onte polo secretario xeral da Consellería de Cultura, Antonio Fernández-Campa, na que anunciaba o "retraso nas obras" do que hoxe nos alegramos en Xornal Aberto; este "bendito home" voltou a falar sobre o proxecto e confirmou que a segunda liña, á longa, está pensado que vaia dende a CdC ata a Praza do Matadoiro. Si amigos composteláns, ata a Praza do Matadoiro....Que alguén me explique, por favor, como o teñen pensado facer........
PD: A verdade é que non lin o texto deste post nin unha soa vez (por iso o de un rápido) así que sede comprensivos conmigo se leva moitas "patadas" ao diccionario.....

Bah, veña, o do teleférico vai a serio? Eu pensaba que era só unha idea política desas peregrinas.
E tan en serio, o do outro dia foi unha pequena marcha atrás: http://www.abc.es/20100528/galicia-galicia/teleferico-monte-gaias-prioridad-20100528.html
Como dirían en Springfield... MONORAÍIIIIL, MONORAÍIIIIL... Bugallo sen dúbida non debeu ver ese capítulo dos Simpson.
Por certo, o das fochancas segue a ser unha vergoña. Parece que os do imperio contraataca do obradoiro o outro día invadiron a cidade a bombazo limpo.
Un saúdo