Publicado por : Adycto 15 de xaneiro de 2010


Comenta hoxe o Xornal máis bórico (ou sexa El Mundo) que os americanos, segundo unha información recollida polo británico The Times, andan a xogar cos programas de ordenador cos que na tele xoga o Grison para tratar de averiguar como sería a imaxe actual de Osama Bin Laden co obxectivo de que, se alguén o ve, o poida recoñecer. Non serei eu que diga que estas cousas non sirven para nada porque, nalgún caso, algunha de este tipo de traballos permitiron atrapar ao malos pero se como supoñen os iankis o tipo anda agochado polas montañas da fronteira afgano-pakistaní non creo que estas cousas sirvan de moito. En todo caso o meu comentario de hoxe non vai neste sentido....son eu ou o suposto "careto" do Bin Laden de hoxe en día é moi parecido ao de Mahmud Ahmadineyad. Será a nova excusa do país liberado polo recente Nobel da Paz para atacar ao iranís? Será que entón o Bin Laden leva tempo dirixindo Irán e a xente non se deu de conta? Xulgade vos mesmos pero o parecido é máis que razoable....

3 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Lo que es más acojonante es que a Gaspar Llamazares le cuelgan el mochuelo:
    "EEUU pide disculpas a Llamazares por haberle usado "por error" para la foto de Bin Laden
    El FBI reconoce que extrajo la imagen del portavoz de IU en el Congreso haciendo una búsqueda en Google"

    Para leer la crónica completa entrad en este enlace
    http://www.publico.es/espana/286241/eeuu/gasparllamazares/osamabinladen

  2. Anónimo dí:

    eso de que "a" semella "b", e "b" semella "c", no fondo o que agocha é o sentimento de que son todos o mesmo: os árabes, aceitunos e comunistas son todos terro...

    medo me dan os métodos CIA de "investigación".

    Abilio

  3. Adycto dí:

    está claro que se parece mais a llamazares pero é unha mezcla ente llamazares e admaninecomosediga

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -