- Atrás »
- Caixon desastre , Cidade da Cultura »
- COMPOSTELA 2022
Publicado por : Adycto
18 de xaneiro de 2010

É ben sabido que cando Barcelona organizou os Xogos de Verán, alá polo ano 1992, recibiu fortes inversións do Estado que a fixeron situarse todavía máis á cabeza do desenvolvemento en España. Por outra banda, Madrid non para de presentar a súa candidatura a ser sede olímpica e, ano tras ano, recibe importantes inversións para mellorar as súas infraestructuras, instalacións, etc; a pesares de que, polo momento, non "pillou cacho". Visto o visto o millor é que Compostela presente candidatura porque, aínda que non saiamos finalmente elixidos, ao millor o Estado se preocupa por dotar á cidade dunha parte desas infraestrucuras que levamos anos reclamando.
Seguro que os máis tiquismiquis diredes que nos falta neve (se pode mercar) e instalacións deportivas para levar a cabo o evento pero eu penso que aínda hai anos para montalas (ata o 2022 hai tempo) e que, ademais, o que hai que facer é presentar un proxecto ambicioso e espectacular (que logo se vai para adiante xa veremos como o levamos a cabo). Pódese, por exemplo, construir unha estructura móvil na Praza do Obradoiro para as competicións de patinaxe, crear a cidade olímpica para albergar aos deportistas no Monte do Gozo (que algo xa hai avanzado) e, ademais, temos a mellor pista de saltos de esquí que pode haber no mundo: a Cidade da Cultura. Pensadeo ben e dicídeme se a estrucura que os ensino na foto non é ideal para facer saltos de esquí (evidentemente cuberta de neve).
No que a min respecta, o do Xacobeo non é mais que unha broma macabra... Santiago de Compostela parece unha cidade en estado de sitio, con trincheiras e cráteres por moreas, algo moi apropiado para recibir esas moreas de visitantes ou, se veñen en mal plan, instalar ametralladoras nos accesos e defender a morte a cidade. Xuntóusenos a oleada de obras do Plan E coas pretensións faraónico-tuneladoras de Bugallo e o énfase de sempre en que cada vez que hai un xacobeo, o que urge e ter toda a cidade levantada para cando éste chegue. Non antes, non vaia ser...
Iso fai que a por certo lamentable política de promoción do xacobeo levada a cabo pola xunta, na que nin sequera se menciona compostela, e que pon énfase en que os visitantes veñan a toda galiza e non só a Santiago, incluso teña certo sentido, porque realmente para o que hai que ver, case mellor que coman o pulpo en Melide, vaian de compras á Coruña ou a calquera dos festivais gastronómico-festivos que plagan a nosa comunidade.
Así que dou o meu voto para as olimpiadas de inverno do 2022 en compostela. Non creo que por aquel entón estea rematada a pista de saltos, pero pouco quedará. Iso si, Fraga a inaugurará seguro, con pepiño blanco ó seu carón como presidente da xunta e Feijoo ó outro como presidente do goberno do estado. E o tunel de bugallo estará a piques de chegar a Cork, irlanda.
E nos que o vexamos...
Por certo, adycto, sigo sen fumar. Ó mellor por iso teño esta mala os--a latente...
totalmente de acordo coa visión do señor Pullings (sempre cargada de sentido común). O de Compostela non ten nome. PArece Saraxevo e, como dicías, so lle faltan as ametralladoras nas esquinas....o da megalomanía tuneladora de Bugallo é espectacular...pero creo que non vai chegar a Irlanda, o que creo e que quere facer un tunel para ver a final do Open deAustalia en directo....e ao paso que vai pouco lle faltará.
PD: O de estar sen fumar, que me parece moi ben, sabes que é simplemente unha cuestión de tempo. Podes tardar tres meses, tres anos, tres lustros ou tres décadas pero sempre serás fumador (e sabes que o digo no bo sentido).
Ánimo coa loita.
xa botaba eu demenos que se falase en Xornal Aberto da CdC....pois paréceme unha boa solución a de que Compostela opte ás olimpiadas deinversno de 2022. Así daríamoslle uso ao armatoste (se de aquela aínda está en pe)