Publicado por : Adycto 7 de xaneiro de 2010


Pasaron xa as festas de Nadal. Pasou a Noiteboa, o Nadal, os Fin de ano e, xa por último, os Reis e agora tócanos a todos poñernos as pilas de novo e tirar para adiante nun ano no que as cousas, alomenos polo que parece, van a seguir estando compricadas para a inmensa maioría. Unha das cousas que sempre me chamou a atención destas festas (e dos días posteriores as mesmas) é o tema dos propósitos. Este ano, como todos, teño amigos que van a deixar de fumar, apuntarse a inglés, comezar a ir a un ximnasio, tratar de ler mais, etc, etc. De feito, como a maior parte dos bos propósitos xa comezaron o día primeiro do ano, a estas alturas haberá seguro xa algún que incumprise as súas promesas e xa esté, a día de hoxe, detrás do fume do seu sempiterno pitillo. O tema dos bos propósitos particulares está ben e, co paso dos anos, ata me parece graciosos porque, aínda que na maioría dos casos non quedan en nada, sempre teñen ese "punto" de boa intención que tanto se bota en falta entre a nosa sociedade. Outra cousa son os bos propósitos dos partidos políticos. Eses xa non me fan nada de gracia.


O outro días escoitei que ZP, aproveitando a presidencia (de turno) da UE vai tratar de centrar os seus esforzos en dúas materia fundamentais: a economía e a loita contra a fame no mundo. Así como cando un amigo me di que vai deixar de fumar e me fai gracia, cando un presidente de goberno, que ademais vai a ter mando na UE e posibilidade de facer cousas, me di que vai a loitar contra a fame no mundo ponme de mal humor. Sobre todo cando un se entera de que, por exemplo en Somalia, a ONU decidiu deixar de mandar axuda ao paìs polo tema de seguridade. Ducias de miles de mulleres e nenos van quedar sen posibilidades e, nos xornais, a noticia non é máis que unha simple columna perdida na xa de por si pouco coidada sección de internacional das principais cabeceiras nacionais. O dito, que póñenme de mal humor estes nos propósitos políticos que quedan en nada. Xa son máis de 1.000 millóns de persoas as que pasan fame no mundo.


PD: A imaxe que ilustra este post tireina do blog: yanoestoyparaestascosas.blogspot.com

One Response so far.

  1. pinchinho dí:

    Os bos propositos están ben, porque polo menos, polo menos é unha mostra de que o pillo de turno que os propón xa sabe que algo non vai ben e que se "debería cambiar".
    "Deberías" deixar de fumar, e eu "debería" ser menos sarcástico, borde, mala persona, capullo etc.

    ZP dí que quere acabar coa fame no mundo porque está consciente de que "no estaría mal que la gente no pasase hambre" e seguro que o di coa mesma convicción coa que digo eu que me gustaria conducir un Ferrari e que a Belén Esteban lle saltasen os puntos en directo.

    O malo é cando a xente deixe de estar consciente dos problemas e ti che deixa de importar o tabaco, o ingles (aprende catalán, carallo) oy que os gobernantes non se dean conta de que "hay gente que pasa hambre".

    Feliz 2010

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -