Publicado por : Adycto 24 de decembro de 2009

Asustado todavía pola desfachatez do xefe da Patronal española e presidente de Air Comet, Gerardo Díaz Ferrán, cando afirma que "Non houbera elixido Air Comet para voar a ningún sitio" séntome diante do ordeador e penso en que hoxe é Noiteboa. Aínda quedan unha horas para chegar á casa dos meus pais a celebrar a Noiteboa pero xa se agolpan na miña cachola moitas lembranzas e sensacións das celebracións doutros anos. Lémbrome do típico discurso do Borbón, que cada ano vexo na televisión acompañado do meu pai; dos especiais que as cadeas televisivas emiten estes días; do "Que bello es vivir" que seguro que algunha pon de madrugada; das panxoliñas; do encontro cos amigos a "porta pechada" no Café Bar Carabela de Pontevedra e de tantas outras cousas. Son datas especiais e, aínda que nunca me gustaron, tráenme moitas lembranzas. De entre todas as que pasan pola miña cachola hai unha que sobresale por encima de todas. Non é propiamente da Noiteboa senón de fin de ano pero, para min, é a lembranza que teño máis presente na cabeza cando trato de recordar nadais anteriores. Eu tiña 13 anos cando aconteceu e para min (lóxico con isa idade) marcou un antes e un despois....Aquí o deixo para que todos o lembredes e me digades se, coma min, marcou un antes e un despois para vos tamén.

Por certo, Bo Federer para todos!!!


One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    gande sabrina!!! que bos recordos....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -