Publicado por : Adycto 15 de decembro de 2009


Hoxe, o xornal El País publica un interesante artigo de Rosa Montero no que se trata o tema da folga de fame de Aminetu Haidar e no que a xornalista e escritora reflexiona sobre o uso da violencia (aínda que sexa sobre un mesmo) en defensa dunha determinada ideoloxía. Rosa Montero comeza o seu artículo falando sobre unha peza que escribou hai anos sobre Bobby Sands e sobre as conclusións que acadaba na mesma e nas que consideraba a Bobby Sands "non como algo heróico senón un resultado dun fanatismo". Segundo afirma no seu artigo de hoxe, as súas posturas agora xa non son tan "taxantes". O caso de Aminetu serve, creo que perfectamente, para explicar como, en determinadas circunstancias, o uso da violencia si é xustificable. Ou polo menos eu o penso así.


Explícome. Os saharauis, abandoados a súa sorte por todo o mundo (con España á cabeza) hai mais ou menos 33 anos, levan todo este tempo reclamando os seus dereitos como pobo por medios pacíficos. Non recurriron como outros ao terrorismo senón a presentar propostas na ONU, a tratar de buscar mediadores, a tratar de achegar posturas,...e, que conseguiron? Conseguiron que o goberno Marroquino, que por certo dirixe con man firme o "irmán pequeno" de Juan Carlos Uno, rira continuamente durante 33 anos vendo como a Comunidade Internacional, con España de novo á cabeza, non facía nada por axudar aos saharauis. De feito, como xa contamos en Xornal Aberto algunha vez, TODOS OS PRESIDENTES ESPAÑOIS EN DEMOCRACIA déronlle á costa ao Pobo Saharaui incluso diante da ONU. Ou sexa, en 33 anos de boas formas nada de nada.


Dende hai varias semáns Amitenu Haidar mantén unha folga de fame. Non o fai por un pasaporte dun ou doutro cor, como moitos tratan de vender, senón por defender os dereitos dun pobo do que todo o mundo, España á cabeza, parece esquencerse. Está a ter unha postura violenta (polo menos conta si mesma) pero, deste xeito, conseguiu que o seu caso entre na axenda das grandes potencias (incluido o mesmísimo El Bama) e que o caso do pobo saharaui ocupe portadas en todo o mundo e esforzos diplomáticos a nivel mundial.


A pregunta parece clara. É ou non a violencia un camiño de loita ideolóxica? Eu sinceramente considero que sí, tanto no caso de exercela contra un mesmo como contra o caso de exercela contra o opresor. Poderedes dicir que son un radical ou o que sexa pero, en caso de que Amitenu Haider morra na folga de fame dicídeme que deberían facer os mozos saharahuis. Seguir coa mesma política de defensa pacífica dos seus intereses ou explorar outros camiños?

9 Respostas ata o de agora.

  1. Thomas Pullings dí:

    ben, por unha vez vou facer de avogado do diaño. Isto da responsabilidade española no tema saharahui está moi ben, e vaia por adiantado que coincido en que temos unha débeda coa que foi provincia española.

    Pero creo que neste tema se olvidan a miúdo pequenos detalles, sobre todo cando se fala da heroica loita do fronte polisario.

    Esta organización naceu en 1973 reclamando a súa independencia fronte á metropoli, que entón non era senón españa. Así, déronse accións terroristas e combates contra as forzas españolas do sahara. No 75 abandonamos miserablemente ó sahara nas mans de marrocos, en cumplimento dunha resolución da ONU que tomaba como base unha consulta democrática no lugar, consulta que ven sendo boicoteada por Marrocos cada vez que o tema sae de novo.

    Iso sí, o polisario non nos abandonou a nós. Ata 1986 hai cerca dunha veintena de actos terroristas do polisario contra intereses civiles españois. Os asaltos a pesqueiros españois e incluso mercantes, con resultado de morte en varias ocasións, foron continuos. Algúns deses pesqueiros levan nomes que nos traen o conflicto ben cerca, como "Río Lérez".

    Así que a loita do polisario non sempre se dirixiu a marrocos en exclusiva. creo que é importante recordalo, sobre todo pola memoria dos pescadores mortos, agora que o tema está tan de actualidade co de somalia.

    Así que o problema ten moitas caras, pero non todas son postas a cotío enriba da mesa, sobre todo as que non son "políticamente correctas".

    Así que na miña humilde opinión, solidaridade co sahara sempre, e accións concretas para o cumplimento da resolución da ONU tamén. Pero ó Frente Polisario, creo que a débeda que puidesemos ter con eses, xa a pagamos sobradamente.

    Sei que me lapidaredes por isto, pero iso non quere dicir que sexa certo. E que os saharahuis se plantexen o que sexa, pero que asuman as consecuencias. Marrocos é un socio privilexiado dos EE.UU., e ese é o principal problema. Mentres eso non cambie e o premio nobel da paz faga algo ó seu respecto, o puzzle saharahui vai estar como sempre.

    Saúdos.

  2. adycto dí:

    o tema do artigo, aínda coa excusa de Amitane e do pobo saharaui, non son as posturas de España ou do fronte polisario ante o conflicto (que tamén) senón a cuestión de se é lexítimo ou non o uso da violencia (contra un mesmo ou contra o resto) por ideoloxía. É do que trato de reflexionar.

    é moi común dicir cousas coma: "ninguha ideoloxía debería cobrarse vidas" e eu, simplemente, non estou de acordo con iso. O do conflicto sobre o Sahara sería, simplemente unha cuestión de forma. Xa discutiremos abondo o venres no cocido porque, a pesares de que algúns dos meus argumentos podan sonar demagóxicos (postura de España na ONU, etc) o tema da Fronte Polisaria tamén o é.

    O dito, que xa falaremos pero a pregunta que te deixo é a seguinte: consideras a violencia, nalgúns casos, coma un xeito de defensa lexítimo dunha ideoloxía ? (e non me mintas)

  3. Thomas Pullings dí:

    A ver, son consciente de que o tema era o que era, pero aproveitei para falar da problemática saharahui porque se mencionaba na entrada. E creo que para ter unha opinión fundada, é bo ter acceso a toda a información sobre o tema a debatir. E co problema do Sahara moitas veces hai que rebuscar entre unha morea de nadas. Simplemente iso.

    En segundo lugar, sabes sobradamente que nunca minto a non ser que me paguen, por aquelo da miña profesión, e nunca en cuestións xeopolíticas por moito que a miña opinión poida levantar ampollas, pero polo menos será fundada.

    Así que non me doen prendas en dicir que considero a violencia en calquera das súas modalidades (contra un mesmo, contra os demáis, a desobediencia civil e todo iso) coma un xeito legítimo para defender unha ideoloxía, xa que política e violencia son separadas soamente por unha barreira moi tenue e dialéctica, e non falta quen di que a guerra é a continuación da política por outros medios.

    En qué casos? pois na lexítima defensa dunha ideoloxía contra os medios igualmente violentos doutra. así de simple. Iso ben entendido, se tí na defensa da túa ideoloxía empregas medios violentos, non podes extrañarte que os teus opositores tamén os empreguen nin levar o grito ó ceo se por ese camiño resulta que tamén levas as de perder.

    Noutro senso, gustaríame aclarar contigo en qué pode caer na demagoxia unha enumeración de feitos. As valoracións deses feitos poden ser demagóxicas, pero os feitos en sí sempre son obxetivos, que é do que eu adoezo pecar case sempre, de excesiva obxetividade.

    Espero que respondese a túa pregunta, da que por outra banda sabías sobradamente a resposta.

  4. JLMejuto dí:

    Coincido con la opinión de Rosa Montero por eso me quedé muy mosqueado con un artículo reciente de la periodista Nazanin Amirian en El Público que más o menos venía a decir que hay que saber en muchos momentos dar un paso atrás para poder más tarde dar dos hacia adelante, frase que oí por primera vez en boca de Marcelino Camacho en los primeros tiempos de CCOO y que pretendía frenar a los elementos más radicales del movimiento sindical. Ya entonces mosqueaba mucho esta consigna del revisionismo y ahora la encuentro incluso más fuera de lugar, ¿Qué esperanza en dar pasos adelante puede tener el pueblo saharaui después de 33 años de sentir el abandono al que están sometidos?.
    Disculpo a Nazanin, a la que leo asiduamente con admiración, porque ella como muchos más sabe que el rey marroquí, hermano pequeño "confeso" del Borbón, como en el 81 hizo Margaret Tacher, no moverá ni un ápice su postura, por lo que Amitenu lo tiene muy crudo

  5. Adycto dí:

    Estimado señor Pullings, antes de nada agradecerlle a súa claridade na resposta á consulta realizada por min (da que por outro lado xa tiña constancia). En segundo lugar, no tocante á denostada palabra demagoxia, debo dicirlle que, a exposicións duns feitos, aínda que só exposición, creo que sí poden ser demagóxicas (aínda que non creo que sexa o seu caso).
    No caso que vostede menciona, por exemplo, está a falar de feitos (atentados contra intereses españois do Fronte Polisario) que sucederon hai máis de 25 anos e que, por outra banda, creo que xa os saharauis pagaron abondo por eles. Creo que o seu castigo por esas accións está sobradamente pagado polo que, o que hai que facer, é tratar de darlle unha solución ao conflicto apartando problemas anteriores.

    Cando me refiro á demagoxia do uso deses argumentos tamén asumo que os meus (abandono por parte deEspaña, etc) tamén o son, aínda que sexan tamén feitos contrastados.

    Como vostede sabe (seguro que mellor que ninguén) as realidades teñen matices e caras ocultas que as veces son difíciles de ver e agradezo rpofundamente que incluise no debate o tema do Fronte Polisario, que tamén foi importante. Aínda así, a pesares do Fronte Polisario, o comportamento de España co pobo saharaui é claramente reprobale.

    A verdade é que non me expliquei moi ben pero non tiña gañas (nin tempo) de borralo todo e voltar a empezar.

    En resumo, agradezo, COMA SEMPRE, todas as opinións per, MOITO MÁIS, se son discordantes e argumentadas, como sempre son as súas.

    Unha aperta

  6. Adycto dí:

    Por certo, amigo Mejuto, ahora que el REy de España va a entrar en acción con lo de Amitane y, conociendo el aprecio que le tiene al monarca y a su "hermano" el marroquí, debería escribir algo sobre como dos cerebos privilegiados como esos (uno con poder y otro sin el pero a todas luces dos mentes preclaras) tienen pensado solucionar el asunto. Su fina ironía creo que nos vendría de perlas para ilustras, al menos imaginariametne, ese encuentro.

  7. JLMejuto dí:

    Amigo Adycto, agradezco tu amabilidad, pero te diré que me he resistido a comentar el caso porque no iba a aportar ningun mensaje de esperanza sobre el asunto. Mi pesismismo era total hasta hoy mismo, momento en el que aparece un poquito de esperanza al haber entrado en escena los poderosos usalanderos.
    No veo ninguna posibilidad de influencia del Borbón sobre su supuesto "hermano menor" el rey marroquí. En aquel momento de la coronación del alauíta, Juancarlos se tiró un farol en forma de ofrecimiento de vínculo fraternal, pero se constata que el islámico no se dignó considerar tal honor, ya que como máxima autoridad religiosa de su país, ejerce la representación divina por lo que tiene un pariente mucho más elevado y poderosos, es hijo predilecto de Alá.
    De ahí mi pesimismo, la actitud de Aminetu está considerada como una ofensa al propio rey marroquí, algo dificilmente perdonable.

  8. Adycto dí:

    Seguro, pero de producirse unha cumbre entre o Borbón e o seu "irmán menor" seguro que da moito xogo, sobre todo a ti.....

  9. Anónimo dí:

    bapat matternamely tradimport abnormal diplomes apex folkdrama institution estonian mankind dyslexic
    semelokertes marchimundui

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -