Publicado por : Adycto 4 de agosto de 2009



Hoxe enterámonos de que Galiza é a Comunidade do Estado na que máis baixou o paro e, aínda así, non teño gañas de falar de economía. Tampouco teño moitas gañas de falar do tempo xa que, polo menos en Santiago de Compostela, só vimos o sol tres días durante todo o mes de xullo (e cando digo tres días son tres días de verdade) e parece que agosto vai polo mesmo camiño. Non quero falar tampouco de corruptelas políticas varias xa que diso falan todos os días nos xornais dun e doutro lado e, moito menos, da Galaxia Branca que ocupa no mes de agosto máis espazo nos telexornais que a información internacional. Non quero falar tampouco do de Honduras porque me levaría a plantexarme cousas como para que coño está a ONU e tampouco estou co corpo como para falar de Chavez e o seu particular xeito de entender o concepto "relacións coa prensa". Entón, de que quero falar? Pois quero falar do proxecto dunha empresa norteamericana chamada Interorbital Systems que acaba de poñer en marcha un servicio polo cal, calquera cliente seu (particular ou empresa) pode lanzar por 5.500 euros un satélite ao espacio para o seu uso particular. Segundo nos comentan, os usos destes pequenos satélites poden ser moi variados (sacar imaxes e video da terra, seguir migracións animais, etc) pero, independentemente dos usos, a pregunta é a seguinte: pode unha empresa encher de merda o espacio polo morro?

4 Respostas ata o de agora.

  1. emigrante dí:

    Mi querido Adycto, buena reflexión sobre la basura espacial. Ya no nos basta con convertir el planeta en un vertedero sino que ahora empezamos a llenar el espacio con satélites y demás porquerías. Supongo que cuando la mierda nos llegue al cuello migraremos para la Luna.
    Ding, dong, ding, parte meteorológico de hoy 3 de agosto de 2009: 22ºC a las 9:00, cielo despejado, pequeño orballo vespertino, 26ºC max. Vaya mierda de invierno austral.
    También estoy enfurruñado con el clima...
    Kisses.

  2. Adycto dí:

    Día 5 de agosto. 18 grados. Ceo cuberto. Orballo vespertino e ameaza de choiva durante todo o día. en serio, dende o 1 de xullo houbo tres días de sol 24, 25 e 26 e nada máis. E mentres España arde polo incendios.....E xa sabes, despois da peregrina o inverno encima.... Supoño que overán chegará en setembro.

  3. Thomas Pullings dí:

    Parte meteorolóxico de hoxe, xoves 6 de agosto: 17 graos, choiva pola mañá ata as once e pico, despois un leve orballo. Segundo di meteogalicia, a semana que ven traerá bo tempo e temperaturas acordes coa época do ano. Non creo nada, pero se chega a ser así, o feito de que a primeira semana de sol e calor do verán sexa a segunda semana de agosto faite pensar en emigrar a noruega. Xa de ter un clima así, polo menos ver fiordos, neve e mozas loiras.

    Emigrante, non sei que esperabas do "inverno" neses lares... neve? téñoche unha insana envexa. O da voda que te perdeches, vaia festa, que che conte o noso bo adycto... En fin, que un abrazo dende onde a chuvia é arte, pero ata a arte cansa...

    Kisses meu rei

  4. emigrante dí:

    Parte meteorológico jueves 6 de agosto: un calor de cojones, 34ºC. Nunca pensé en que mi mejor amigo se llamase Sanyo 10300SLR, el A/A del chollo. Aparte de tipas semidesnudas por la calle y playa todo el tiempo esto es un asco.
    Me gustaba más nuestro invierno, en serio.

    Kisses a lot of...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -