- Atrás »
- Caixon desastre , Curiosidades »
- AO QUE NON QUERE CALDO, DÚAS CUNCAS
Publicado por : Adycto
6 de agosto de 2009
En Galiza hai un refrán moi bonito que di así: Ao que non quere caldo, dúas cuncas. Miña nai o dicía moito cando eu era rapaz e foi unha desas cousas que se che quedan gravadas como a lume no teu interior. Hoxe lendo a Coz de Galicia, perdón, a Voz de Galicia atopei unha información desas que cando as les imaxínaste ao xornalista dicindolle ao xefe entre risas: Mira o que acabo de atopar en EFE, o publicamos? e ao xefe dicindo, adiante! Resulta que un profesor malasio castigou a un alumno seu a fumar 42 pitillos en dúas horas. Parece ser que o rapaz tiña 16 anos e era o alumno favorito do mestre (menos mal que non lle tiña tirria). Como imaxinaredes o rapaz chegou a ter que fumar ata catro pitos á vez e, todo isto, ante a mirada doutros alumnos e doutros mestres.
PD: A foto a saquei do blog fotos e imagens de Portugal.
Pobre niño. Si no se muere en un hospital de sobredosis de nicotina seguro que no vuelve a probar el tabaco, eso sí.
Esos métodos me recuerdan a los usados por nuestros queridos grandes educadores, los curas, y no salimos tan mal, jaja.
Kisses from sunny paradise.