Publicado por : Adycto 29 de xullo de 2009

Como algúns de vos sabedes, en Xornal Aberto seguimos o ciclismo con paixón e, como non podia ser doutro xeito, estivemos pendentes durante as pasadas tres semáns do Tour de Francia. O día en que Alberto Contador proclamouse campión estivemos tamén diante da tele e, como non podía ser doutro xeito, presenciamos a súa ascensión ao podium e a interpretación do himno nacional que acompaña a este acto. Como moitos saberedes xa a estas alturas (igual o emigrante non) o himno que sonou non foi o español senón o danés e, fruto desta confusión (que se chega a ser coa Marsellesa en España seguro que trae un incidente internacional detrás), facemos hoxe este post. Para que todos poidades desfrutar desta confusión colgamos o momento da ascensión de Contador ao podium baixo as notas do himno danés e, como en Xornal Aberto coidamos aos nosos lectores, os poñemos tamén un video no que se mostra a "trampa" de TVE durante a interpretación do himno na pasada final da Copa do Rei (Barça-Bilbao) e o "momentazo", que diría Boris Izaguirre, do "Himno de Riego" como himno de España durante a Copa Davis. Desfrutade.

CONTADOR



"TRAMPA TVE"


COPA DAVIS

3 Respostas ata o de agora.

  1. Se envías Himno ao 112 dis que che envía o politono de Esperanza Aguirre cantándocho himno.

  2. emigrante dí:

    Lo que me jode es que eso se lo hicieron a Contador a propósito. Los franceses siempre jodiéndonos, ya se sabe.
    Putos franceses y que se joda el deshuevado de Armstrong!!!

  3. Adycto dí:

    Pois que nob che estrane amigo Carreira, tal e como están as cousas un xa non sabe que pensar. Canto ao comentario do benquerido emigrante dicir que, a verdade, se chega a ser ao revés o tema hai incidente diplomatico seguro.....Por certo, que bo é o da Copa DAvis!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -