Publicado por : Adycto 11 de agosto de 2009

A verdade é que hoxe é un día raro. Por un lado estou animado xa que, dende onte, luce un sol estupendo en Santiago e iso, despois de 30 días de mal tempo, é de agradecer. Sen embargo, por outro lado, ando algo triste porque teño ao meu pai no hospital e iso é algo que sempre preocupa sobre todo cando o vello pasa dos 74 anos. Aínda así teño varias cousas que comentar. En primeiro lugar e, como noticia destacada do día, hai que salientar a morte, aos 73 anos de idade, de Valerio Lazarov, un home ao que moitos lembrarán como o impulsor da técnica do zoom na tv española e ao que outros moitos lembraremos sempre polas súas Mama chicho. Pero non só de noticias luctuosas como a de Lazarov e Jarque viven hoxe os xornais. A Voz de Galicia, que seguro que xa está vendo o xeito de facer negocio coa Gripe A, publica hoxe unha información na que afirma que a Gripe A pode provocar un absentismo laboral do 50%. Con noticias como esta e co avispado que é o persoal neste país seguro que co temiña da Gripe A máis de un vai a estar de festa varios días seguidos neste outono. A de excusas que vai a dar a gripe esta!


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -