Publicado por : Adycto 22 de xuño de 2009


Ademais do choio novo, que non me deixa tempo para case que nada, ando tamén liado preparando as cousas para a boda do meu irmán así que o tempo para Xornal Aberto cada vez é máis reducido. Aínda así, hoxe toca escribir ago e vouno facer sobre un interesantísimo artigo titulado ¿Qué quiere Feijóo? e publicado hoxe no xornal El País por Antón Baamonde. Eu son dos que pensa que o de Feij009 na presidencia da Xunta non é máis que un peldaño na súa ascención á candidatura para a presidencia do goberno de España pero, ata o de agora, era só unha intuición sen moita firmeza nos argumentos. Despois de ler o artigo de Baamonde e analizar os seus argumentos sobre este tema quedo moito máis tranquilo. Coincido plenamente. Non deixedes de lelo.

One Response so far.

  1. A verdade é que o home últimamente non perde a ocasión para saír no telexornal de Antena 3. Curioso.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -