Publicado por : Adycto
9 de xuño de 2009
Xa quedaron atrás as eleccións europeas, esas nas que parece que non nos xogamos nada pero que logo teñen máis importancia que moitas das outras, e a resaca deixa lugar a moitos tipos de análise. En primeiro lugar, a nivel europeo, parece que a "dereita" gaña con rotundidade e que as opcións "socialistas" reciberon un duro varapalo. No tocante a España as cousas xiran entorno a dous polos: o do PP que fala de triunfo claro e o do PSOE que fala de derrota doce. A verdade é que eu son dos que pensaba (supoño que moitos dentros do PP tamén) que o partido de Madiano (nanano) íalle dar unha boa "mantida" ao de ZP, por esto da crise e esas cousas, e aínda que é certo que gañaron con claridade (case que catro puntos porcentuais); creo que os "genoveses" non andan contentos de todo. No caso dos sociatas, como ben explicou a secretaria xeral (eu son dos que pensa que é un robot), a derrota foi tal pero menos do que contaban co cal, tal e como están as cousas, é para darse cun canto nos dentes.
No caso de Galiza os datos son clarificadores. O BNG descendeu a cifras de apoio de hai 16 anos (seguen en caída libre), o PSdG aguanta o tirón e o PP de Feij009 segue en racha acadando cifras de apoio das que xa nos olvidaramos neste país. De feito en 288 dos 315 concellos galegos gañou con o PP (en nove de cada dez concellos), nas sete grandes cidades os votos obtidos achéganse aos necesarios para gobernar nas futuras municipais e, a nivel provincial, na provincia de Lugo os votos ao PP acadaron o 54%; na de Ourense o 55% e nas de Pontevedra e Coruña o 49%. Casi nada. Voltamos a datos doutras épocas.
Con estes datos pouco hai que dicir: o terremoto Feij009 segue en marcha....
Utilizando los beneficios del IMSERSO, me ha pillado el proceso relajado en un balneario de Cantábria, lo que no evita que los altos resultados de los genoveses en Madrid y Valencia me sonrojen al pensar que la manifiesta corrupción les es rentable no sólo económicamente, también en la urnas