Publicado por : Adycto
13 de abril de 2009
En realidade, a reestructuación realizada por Zapatero no seu goberno sorprendeume bastante. Estaba claro que ZP tiña que dar un golpe de timón porque Madiano (nanano) estaba comezando a tomar a iniciativa nas enquisas de intención de voto e iso é algo que preocupa moito a don José Luis, sobre todo co cercanas que están as elección europeas e o "palo" sufrido en Galiza. Tampouco sorprendeume que a remodelación fixerase en Semana Santa (con nocturnidade e alevosía) nin que nomeasen a Chaves vicepresidente de Cooperación Territorial (parece vai a cambiar a actitude do goberno cos nacionalistas). Xa que Ángeles González-Sinde recollese a carteira de Cultura, a verdade, pareceume algo máis sorprendente (aínda que en todo caso e o pago aos servicios prestados) pero o que realmente me deixou atónito foi o nomeamento de Pepiño Blanco como ministro de Fomento, a carteira que máis orzamentos manexa de entre todas as do Estado.
A verdade é que seguro que a chegada dun tipo de Palas de Rei a unha carteira como a de Fomento vai traer beneficios para as nosas infraestructuras (ou non, xa veremos). Hai quen fala xa de cumprimento nos prazos do AVE (César!!) e dunha autovía entre Lugo e a capital de Galiza pero eu, a verdade, son bastante pesimista no tocante aos "beneficios" que lle podan caer á nosa terra por ser Pepiño do país (mirade para Franco, Fraga, incluso Touriño cando fora secretario xeral de Fomento, etc). Aínda así, o nomeamento de Pepiño Blanco (o bachiller Blanco que comezarán a dicir na Cope) para o cargo de ministro paréceme unha salvaxada.
Vale que o tipo o fixo ben como secretario xeral do PSOE (o invento do de ZP, as dúas campañas electorais de Zapatero, a man de ferro no partido, etc) pero, co seu curriculum, non creo que poda acceder a un cargo como o do ministro de Fomento. Nesta tema si que teño titulitis. Creo que para ser ministro hai que ter unha preparación académica e vital que Pepiño Blanco non posúe. A inefable Maleni (a do Plan Galicia de mierr...) era doutora en Económicas e profesora de Universidade e, aínda que non o fixo ben, considero que chegou ao cargo, alomenos, cos coñecementos previos necesarios para ser ministro, non como Blanco. O dito, seguro que Pepiño o fai moi ben e eu teño que dicir amén pero non me parece a persoa adecuada para levar "carteira" no goberno de España.
En todo caso non deixedes de entrar no blog de Mendinho e deixar o voso curriculum na súa entrada titulada "Oferta de emprego" ou mandarlle un curriculum ao mail: tu_si_que_vales@fomento.es. Nunca se sabe, se colleron a Pepiño....

Publicar un comentario