- Atrás »
- Caixon desastre , Culturnet , curioso »
- A REVISTA RETRANCA A O COCHE DE TOURIÑO
Publicado por : Adycto
5 de abril de 2009
Nos últimos tempos e, por desgracia para os galegos, un dos temas estrela da política patria foi o do coche de Touriño. O famoso coche dos 360.000 euros deu lugar a unha agria polémica durante a pasada campaña electoral e serviu, en boa maneira, para que os populares tivesen un arsenal co que atacar ao ex-presidente galego. Tras as eleccións, Feij009 decidiu que non quería o coche e que ía viaxar nun citroën (por esto da galeguidade destes vehículos franceses) e o temita do coche seguiu coleando. Agora, despois de toda esta polémica, os rapaces da revista Retranca atoparon a solución definitiva ao conflicto automovilístico. Para elo, organizaron un concurso no que ofrecen a oportunidade de que o leves a túa casa. Este é o texto completo do seu concurso: "Xa que Feijoo non quere o coche de Touriño, nós ofrecémosche a oportunidade de levalo para a túa casa. Mándanos por email ou carta unha idea, fotomontaxe ou viñeta humorística expicándonos que farías tí co Audi e a idea máis retranqueira levarase de premio este flamante cochazo blindado.
Envías as túas propostas antes do día 1 de maio á : revista.retranca@gmail.com
Entregaremos as chaves do coche ao gañador/a o 17 de maio."
Como sei que entre os lectores de Xornal Aberto hai moito retranqueiro creo esta é a vosa oportunidade de demostralo participando no concurso e levando para as vosas casas o famoso Audi.
Entregaremos as chaves do coche ao gañador/a o 17 de maio."
Como sei que entre os lectores de Xornal Aberto hai moito retranqueiro creo esta é a vosa oportunidade de demostralo participando no concurso e levando para as vosas casas o famoso Audi.
Xa que é blindado que o manden para Afganistan para que o podan utilizar as tropas españolas alí desplazadas...