Publicado por : Adycto 18 de abril de 2009


Estes días lin na prensa que as in-fantas (de laranxa) Leonor e Sofía xa teñen DNI! Concretamente dicían os xornais que os seus números son o 16 e o 17 e, por culpa da miña maldita curiosidade, decidín investigar máis cousas sobre o Documento Nacional de Identidade e a súa relación cos Borbóns. En contra da opinión xeneralmente extendida, o número 1 do dni non é o de JuanCar senón o de Francisco Franco. O Rei ten o número 10, a Raiña o 11, a Infanta Tonta (Elena) o 12, a Menos Tonta (Cristina) o 14 e Felipito (o principijo) o 15. A Familia Real ten reservado ata o 99 e, como sonche moi supersticiosos, o 13 non o leva ninguén. Haberá xente que estea en contra de que teñan reservados estes números baixos do dni pero eu, sen embargo, estou francamente a favor. Senón chega a ser por ter estes números sería imposible que calquera membro da familia real puidese lembrarse do seu dni cando alguén llo preguntase (na Seguridade Social, na cola do INEM, no IMSERSO, etc).


Buscando pola rede atopei un blog, http://www.normalycorriente.com/, que conta moitas cousas interesantes sobre o dni. Por exemplo, o dni comezou a funcionar en 1944; os primeiros en telos foron os presos e os que estaban e liberdade vixiada; ata 1981 había un casiña que diferenciaba estratos económicos; do número 4 ao 9 están vacantes (eu quero o cinco); e moitas cousas máis.


Canto ao de non usar o número trece teño cousas que contar ao respecto. Os Borbóns sempre foron moi supersticiosos. Alfonso XII no seu lecho de morte suplicoulle á súa esposa, María Cristina, que non chamara Alfonso ao seu fillo póstumo senón Fernando. É evidente que a Raíña non lle fixo moito caso e xa sabemos como terminou o conto: dous fillos de Alfonso XIII, Alfonso e Gonzalo foron hemofílicos e ambos morreron en accidentes de tráfico; mentres que outro, Don Jaime, que era sordomudo de nacemento morreu como consecuencia dun "botellazo" que lle deu na cachola a súa segunda muller, a prusiana Carlota Tiedemann. Xa mellor por non falar do Duque de Cádiz, que morreu degolado nunha pista de esquí ou do seu fillo Fran que morreu mentras regresaba en coche de esquiar co seu pai en Candanchú. É lóxico pois que sexan supersticiosos. Seguro que ademais de non usar o dni número 13 o JuanCar non xoga nunca na ruleta ao 13. Ademais, se nos fixamos ben parece que agora o Rei esquía menos (lástima cos antecedentes familiares que ten...)

2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Te felicito por el artículo, desde la foto de cabecera hasta el final.
    Mis últimos doce años de currante los pasé en Alicante, y en numerosas ocasiones tuve que "hacer" la raqueta en la carretera hacia El Campello donde debe seguir situada esa señal informativa, en el "stop", la señal me quedaba a la altura de la ventanilla de mi vehículo, y siempre pensé en lo sugerente de la información.
    Ya te habrás dado cuenta que has puesto un palito de más en el Alfonso postrado en su lecho de muerte.
    A la lista de desgracias borbónicas puedes añadir la del infante Alfonso, hermano de Juancarlos, que murio en Portugal de un disparo procedente del arma que estaba limpiando el futuro rey. Por cierto que aunque su tío el sordomudo exigió investigación policial sobre este hecho, no fué oído, bueno no fue leído.

  2. Adycto dí:

    CIERTO Mejuto, la verdad es que no me había dado cuenta del error...ES Alfonso Doce y no trece el que estaba postrado en su lecho....lo corregiré en el texto en cuanto pueda pero quede aquí la puntualización.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -