Publicado por : Adycto
20 de abril de 2009
En Galiza xa temos os nomes dos homes e mulleres que, xunto con Feij009, serán os encargados de guiar os destiños do país (alomenos ata que haxa cambios na súa formación). Se queredes coñecer en detalle a cada un dos seus integrantes só tedes que premer neste enlace e a Voz respostará todas as vosas dúbidas. Antes de nada debo dicir que os dez elexidos de Feij009 parecen, a tenor dos seus curriculos, homes e mulleres ben preparados para exercer a súa labor ao frente das 10 carteiras coas que conta o novo goberno da Xunta e que, dende este blog, desexámoslles éxito na súa labor porque o seu éxito será o de todos os galegos.
Dito isto imos a facer análise. En primeiro lugar debo decir que o nivel de acerto de Xornal Aberto nas súas quinielas conselleiriles non foi moi alto pero sí que acertamos varias cousas. En primeiro lugar acertamos en que Alfonso Rueda e Rosa Quintana (non confundir con Ana Rosa) ían ser conselleiros. Tamén acertamos en que a COTOP quedaría como unha superconsellería (que engloba Medio Ambinete, Territorio e Infraestructuras) e que un home con éxito no sector empresarial entraría como sorpresa na Consellería de Economía (agora tamén de Industria) pero, no resto dos nomes e opcións erramos.
O primeiro que teño que dicir do novo goberno é que, a pesares do seu perfil tecnocrático (toma palabrexa) é, ao mesmo tempo, un goberno moi pepero. É certo que hai unha independete (a nova conselleira de Facenda) pero non é menos certo que hai dos homes do entorno de Aznar (con cargos importantes durante os seus gobernos), dúas mulleres moi próximas a Su Sanidad (Romay Beccaría para os non iniciados) e ata cinco conselleiros máis que ocuparon postos de responsabilidade en distintos momentos dos gobernos Fraga. É dicir, moi tecnico pero moi pepero ao tempo.
O segundo que teño que dicir é que parece claro que neste novo goberno a parte máis política a van a levar Alfonso Rueda (conselleiro de Presidencia) e Agustín Hernández (novo superconselleiro da Cotop) e que o resto, con contadas excepcións, van a facer unha labor máis técnica, en principio.
Outra cousas que me chamou poderosamente a atención é o feito de que, por primeira vez en moito tempo, rachouse co reparto de poderes territoriais. É dicir, no novo goberno non hai un reparto territorial de poderes entre as distintas provincias. De feito, a provincia de Lugo e a de Coruña (en termos de partido) foron as menos beneficiadas polo nomeamento de conselleiros. Creo que incluso algúns xa tiñan encargados o traxe para a súa toma de posesión dende o pasado 7 de marzo pero terán que seguir traballando como "negreiros" para poder estrealo.
É para rematar este primeiro análise unha crítica: a nova supercotop que mistura infraestructuras con Medio Ambiente nun cocktail imposible que vai a estar dirixido por un home acusado de prevaricación. Non sei cal é o motivo pero este home vai a ser obxectivo político dente o primeiro momento.
Publicar un comentario