- Atrás »
- Caixon desastre , curioso »
- VARIAS COUSAS
Publicado por : Adycto
30 de marzo de 2009
Aínda que tiñamos moitos temas dos que falar hoxe en Xornal Aberto, a redacción en pleno, despois de moito discutir, decidiu que o tema da CCM e o tema do Pacto Vasco (como se parecen Patxi López a Máximo Pradera) non eran temas sobre os que falar hoxe e, por este motivo, decidiuse facer unha desas pequenas "amalgamas de novas" que tanto gustan aos nosos lectores. Tempo haberá para escribir cousas máis profundas. Así, dando unha volta polos distintos xornais galegos e estatais ofrézovos esta pequena selección de novas. En primeiro lugar quero falar do artigo publicado no blog Calidonia sobre a campaña realizada por La Voz de Galicia contra o BNG durante o pasado proceso electoral. A verdade é que non ten desperdicio e, compartamos ou non o pensamento deste blogueiro a verdade é que o seu análise merece a pena lerse.
Xa noutro orde de cousas, cun tema moito máis banal, non ten deperdicio a nova do Faro de Vigo de hoxe titulada "Un perro se come 400 dólares y defeca 180". Seguindo con temas tan prosaicos como o anterior, o xornal La Opinión Coruña publica hoxe unha interesante información na que se fai referencia a como 14 dos 23 deputados galegos no Congreso cobran por outras actividades. Dentro da prensa estatal chamáronme a atención dúas novas. A primeira, publicada polo xornal El Pais, fala sobre a ausencia de manifestacións en contra da Lei do Aborto no últimos 20 anos e a segunda, publicada polo Mundo, fai referencia á necesidade de "Sarko" de ter o seu propio Air Force Uan. E mentres nos na Galiza seguimos a discutir polo coche que debe de ter o presidente da Xunta....o que tiña é que ter tamén un Air Force Uan e listo. Bueno, espero ter algo máis de tempo estes días para escribir algo con máis sentido pero, polo momento, eche o que hai.
Publicar un comentario