Publicado por : Adycto
31 de marzo de 2009
Levo días dándolle voltas á posibilidade de escribir algo sobre o futuro goberno do País Vasco pero ata hoxe non atopara a inspiración axeitada. Vale que podería falar de que un pacto PSOE-PP como o que se vai a levar a cabo en Euskadi paréceme unha auténtica tropelía xa que, se estes dous partidos non son capaces de poñerse de acordo en nada en España, como van a lograr que funcione un pacto entre ambos nas terras vascas? Vale que podería falar de que, sexa como sexa, cando un partido leva no goberno tantos anos como levaba o PNV unha "apertura das ventás" podería ser boa para quitar o pó que debe de haber acumulado baixo as alfombras da "lehendakaritxa". Vale que podería falar de como un pacto como o que van a perpetrar ambas formacións vai a ser malo para elas mesmas (sobre todo para o PSE). Vale que podería falar de canto vai a durar este pacto. Vale que podería falar de moitas cousas pero, a pesar de todo, o que me animou definitivamente a escribir algo sobre a situación no País Vasco foi que a nova presidenta do Parlamento euskaldún non fala euskera.
Entendo que para moitos esto non terá maior importancia pero, a vedade, o que é para min si a ten. Ademais de indicar de xeito claro por onde van a ir os tiros (é só un xeito de falar) durante esta lexislatura nos territorios vascos paréceme o primeiro erro do "bipartito nacional" (que gusto poder chamarlle así ao novo goberno vasco). Paréceme un auténtico insulto que no Parlamento Vasco, a súa máxima representante, descoñeza a lingua vernácula do país. Se este é o camiño polo que PSOE e PP pretenden ir no País Vasco as cousas non van ben.
A verdade non pode imaxinar que no Parlamento Galego a súa presidenta, por certo Pilar Rojo como anunciamos en Xornal Aberto, non soubera falar a lingua do seu país. De todos os xeitos, o peor non é iso, o peor é que a señora Arantza Quiroga (así se chama a nova presidenta do Parlamento Vasco) é unha persoa moi vencellada a Aznar e ao Opus Dei, ten afirmado recentemente que nunca utilizaría preservativo e, coa súa elección, o PP comeza rachando a unidade co PSE xa que parece que Patxi López lle pedira a Basagoiti que a futura presidenta do Parlamento falase euskera.
non está mal o comezo do pacto Patxi-Basagoiti...
La noticia de hoy domingo es que en intención de voto el PP aventaja al PSOE, no me quiero apuntar nada a mi favor, pero es significativo el vuelco y que se haya producido tras el pacto, como intuí en mi Parida http://femilia.blogspot.com/2009/03/euskadi-bajo-el-pacto.html
Y lo que te rondaré morena!!! Parece claro que el pacto PSOE-PP va a perjudicar bastante al PSOE, y sino, lo veremos con el tiempo....