Publicado por : Adycto
16 de febreiro de 2009
Ando un pouco escaso de tempo, por dicilo de xeito amable, así que o de hoxe, máis que un post, vai ser un apuntamento. Xa por fin rematou o referendum venezolano polo que o presidente Hugo Chávez, con enmenda constitucional incluída, poderá permanecer no poder máis aló do 2012. O señor Chávez (non confundir co presidente de Andalucía) celebrou ao seu xeito, dende o balcón do Palacio presidencial de Miraflores en Caracas, o triunfo acadado e, coma non, tivo palabras para o seu amigo Castro. Durante estes días, o referendum venezolano estivo de actualidade en España pola expulsión de Luis Herrera, o eurodiputado popular, de terras venezolanas. Pois nada, que xa rematou todo e que, en resumo, o único que conseguiu Chávez co referendum (a pesares do que non teñen dito os medios estes días) e igualarse a Zapatero, Touriño, Ibarreche, etc, é dicir, poder presentarse as eleccións as veces que queira. A reforma realizada, en contra do que parece despois de ler algúns medios de comunicación, non vai facer que Chávez se poda "perpetuar no poder" senón que o que vai facer e permitir que se presente as eleccións sempre que quera, ou sexa, coma aquí. Nunca lin en España críticas ao noso sistema que permite "perpetuarse no poder" aos seus líderes e sí cando o que o tenta facer é Chávez. Por certo, lembro que ZP prometera estar só dúas lexislaturas....cumpliralo?
Ansar estive apenas dois mandatos, ele cumpriu. O nosso amigo zetapeta fara o mesmo?
kisses