Publicado por : Adycto
17 de febreiro de 2009
Durante os pasados días falouse en moitos sitios sobre o voto emigrante. Que se teñen que votar, que se teñen que facelo dun xeito regulado, que se hai moito "chanchullo", que se o xeito no que votan non corresponde co nivel "democrático" de Galiza, que se tal que se pascual. Paréceme un tema importante e, como tal, é bo que se debata nos medios pero hai outros temas que merecen ter tanto protagonismo nos "papeis" e que, sen embargo, non teñen tanta repercusión. Falo, por exemplo, do voto dos nosos mariñeiros. Galegos de pro que, por motivos laborais, están fora do seu país no momento das votacións e, aínda estando na era das tecnoloxías, parecen non contar para os nosos políticos xa que, unha vez máis, quedarán sen poder exercer o seu dereito democrático de votar. A maior parte dos partidos políticos acórdanse deles cando están na oposición pero, unha vez no poder, a ninguén parece importarlle que varios miles de galegos non van a poder votar por estar traballando engordando, deste xeito, a lista de abstencións. Non son abstencións, senón votos negados polo goberno xa que, coas súas actuacións, están impedíndolle a unha boa parte dos seus cidadáns exercer o seu dereito democrático de elexir os seus gobernantes. A foto saqueina do blog Troula.
q gran verdade!!! de todos os xeitos hoxe falan xa nas edicións electrónicas dos xornais deste tema