Publicado por : Adycto
13 de febreiro de 2009
Comeza a campaña electoral en Galiza e, tal e como prometeramos, Xornal Aberto tentará de fiscalizar o uso indebido que os nosos gobernantes podan facer dos recursos públicos. Sabemos todos que, durante anos, tanto PSdG como BNG criticaron con dureza, e con toda a razón, o xeito no que os entón conselleiros facían campaña sen baixar do coche oficial, é dicir, utilizando recursos que son de todos e non do seu partido. para captar votos. Canto entrabamos na campaña era normal atopar nos xornais a conselleiros populares realizando visitas a obras, inaugurando edificios, asinando convenios, etc, etc nos que sempre aproveitaban para "facer campaña" aínda que fose de xeito encuberto. O bipartito prometeu que isto non pasaría con eles no cargo pero, ao igual que noutras cousas, supoño que incumprirán a súa palabra.
De feito, hoxe a conselleira de Educación, a señora Sánche Piñón, aproveitou a mañán para realizar un percorrido polas instalacións do viveiro de empresas do IES Politécnico de Lugo. A conselleira, acompañada polo tamén socialista alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, aproveitou para afirmar que proxectos como o levado a cabo en Lugo servirán para "fomentar o autoemprego". Ademáis, aproveitando que andaba por Lugo cos cartos de todos, a conselleira visitou o novo TAC do Hospital Universitario de Lugo. Ou sexa, marchou a Lugo como conselleira e, unha vez alí, transformouse en socialista en campaña. Empezamos ben.
Pero non foi a única. Suárez Canal, o actual "poncio" de Medio Rural (Consellería tamén coñecida como de Medio Cartelle), estivo hoxe nunha reunión coa xente da Denominación de Orixe Rías Baixas na que aproveitou para falar do orzamento de 3.228.000 millóns de euros que vai facer durante este ano a súa Consellería na citada Denominación de Orixe. Que xa veremos se o fai porque, ao millor, non está el no goberno. Por certo, Suárez Canal, que non para, asinou tamén hoxe convenios de colaboración con catro entidades financieiras para apoiar proxectos de desenvolvemento rural. Que casualidade que o asinaran hoxe e non hai dúas semanas. Por certo, eiquí sí que Suárez Canal non fixo nada de campaña como o demostran as súas verbas falando dos convenios asinados: "nunha acción de apoio ao desenvolvemento de iniciativas que redundan na dinamización da base produtiva e na mellora da calidade de vida no medio rural galego, nun momento de crise económica conxuntural que fai precisamente máis necesaria a implicación do sector bancario neste tipo de proxectos emprendidos maioritariamente por pequenas e medianas empresas, cooperativas ou por particulares de xeito individual ou colectivo”. E aínda non rematou o día....
Por certo, esta noite vou acudir a un mitin (nunca na vida fun a un sen ser por traballo) do BNG, con Anxo Quintana incluído, como debe ser. Tratarei de estar un momento antes para, se chega en coche, facer unha foto do vehículo no que ven (por isto de ver se é o de Vicepresidencia ou non).

espera ti....o que nos queda aínda...inauguracións, visitas e todo a diario. Os sociatas tamén protestaban polo do voto da emigración e mira agora......