Publicado por : Adycto 17 de febreiro de 2009

O pasado sábado, o ministro de Finanzas xaponés, o señor Soichi Nakawaga, deu unha rolda de prensa trala reunión do G-7 en Roma. Como se pode apreciar no video que ilustra esta información o ministro xaponés estaba baixo os efectos de "medicamentos para o resfriado" e ademais afectado polo "jetlag" mentres daba a rolda de prensa. Hoxe, o señor Nakawaga anunciou a súa demisión ante as críticas verquidas dende todos os lados pola súa actitude na mencionada comparecencia ante os medios. Seica todo o mundo anda a decir que estaba ebrio e, por este motivo, o señor Nakawaga decidiu dimitir. Eu, a verdade, estou con Soichi. Seguro que non o credes pero, en máis dunha ocasión, eu tamén estiven en condicións semellantes a do ministro xaponés e, aínda que ninguén me creía cando o dicía, tamén eran producto do "jetlag" e do frenadol que son unha combinación letal. Pobre señor Nakawaga, feito polvo polo cambio horario, cun "gripallón" que te cagas e, aínda así, dando a rolda de prensa. E todo para que te chamen borracho e teñas logo que dimitir polas críticas...

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    vais inxustiza...vese ben claro que non está bébedo....ten jetlag!!! jejejejejeje

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -