Publicado por : Adycto 20 de febreiro de 2009


Ata hai ben pouco tempo parecía que as políticas caciquis eran propiedade na Galiza dos dous grandes partidos estatais pero parece que, nos últimos tempos (se cadra como froito de levar catro anos na poltrona) este tipo de comportamentos aberrantes están empezando a calar no BNG. Se é certa a información publicada hoxe pola Voz de Galicia na que se afirma que 700 maiores en ruta a Portugal foron desviados a un mitin de Quintana é que as cousas acadaron xa o punto de non retorno. Segundo a Voz de hoxe, ao redor de setecentas persoas que contrataran en organizacións de pensionistas unha excursión a Portugal acabaron onte nun restaurante de Oia (Pontevedra) onde Anxo Quintana pediulles durante máis de media hora o voto para o BNG. Todos eles pagaron 15 euros por cabeza para unha viaxe sen máis destino concreto que o país veciño, pero a maioría non chegaron a traspasar o río Miño.

Hoxe mesmo, nunha entrevista concedida á Nacho Villa no informativo nacional da Cadena Cope das dúas e media, o máximo dirixente do BNG contestou ás preguntas do xornalista sobre este tema afirmando que as persoas que acudiran a ese acto electoral eran conscentes do que estaban a facer pero eu, se teño que ser sinceiro, ao escoitar a Quintana non estaba a crer unha palabra do que dicía. Escoitei as explicación do vicepresidente pero non me convenceron. De ser certo isto, e non o dubido a verdade, estarase a cumprir esa máxima histórica que o meu pai sempre repite e que eu non acababa de querer crer: Son todos iguais! Ao final van a ter razón os da inicitaiva Gran Circo Galego e vai ser que, aínda con matizacións, ningún dos tres representa os intereses dos galegos de ben...Que pena, tanto que rira durante anos coas cacicadas de Cacharro, Baltar e demais e agora resulta que tamén as fan os do Bloque. Espero señor Quintana que explique este feito de xeito claro e convincente porque, de non ser así, moita xente vai quedar definitivamente desencantada con vostede...Eu, o primeiro.


5 Respostas ata o de agora.

  1. emigrante dí:

    ¡Todos son iguais! que grande teu velho.

    Um forte abraço.

  2. Adycto dí:

    Sigo flipando co tema. Hoxe escoitei as explicacións (xa máis estudiadas de Quin) e o único que dí é que el non tiña coñecemento de nada. Se iso é así, que roden cacholas!! Un partido como o BNG non pode permitir cousas como esta. Bueno, nin o BNG nin nadie...Sigo flipando co tema.

    Canto ao do meu vello....non quero crelo pero ao final vai ser que ten razón...

  3. emigrante dí:

    Estes comportamentos fazem me recordar o jeito que o grande dinossauro da politica galega tinha.
    Quando pissam carpete fodeuse tudo.

    Kisses.

  4. Thomas Pullings dí:

    Dende logo hai que recoñecer que dun tempo a esta parte, o BNG leva feito unhas cantas trapalladas que a moitos nos estan empezando a cansar bastante. Amiguismo, enchufes, clientelismo e outras conductas noxentas que moitos agardabamos que cambiasen ca entrada dunha forza politica virxe en esas lides e que supostamente viña ilusionada con proyecto de país.

    E agora isto. Realmente, se Quintana non sabía nada, un cero para él por non sabelo, e outro por non poñer na picota de xeito inmediato ó responsable, tralas pertinentes desculpas. E cando digo na picota quero dicir defenestrado públicamente da vida pública e de volta ó que sera que fixo antes de se adicar a isto, previa indemnización a esa xente dos quince euros que pagaron. Que vergonza, que aldraxe... queda un sen verbas. Vaia asco de eleccións, nas que os galegos temos que decidir se respaldar ó candidato sen alma, Touriño, ou ó que agora pensa resolver todo o que fixo mal nos dezaseis anos que o seu partido estivo no poder, cómo é que se chama... fraga? nooon, feijooo, ese home de aldea (insira a súa risa enlatada eiquí), e agora a outra opción é Quintana, o home co cal que corres o risco de subir nun castromil para ir a casa dos pais o fin de semana e acabar nun mitin do BNG en culleredo. E aínda che han cobrar a bandeirola...

    Que asco, que ganas de quedar na casa... vaia tropa. Señores do BNG. O país ó que supostamente se refire ese proxecto que vostedes din ter, é un país no que a maioría, sen paliativos, vota a un partido tramontano de dereita rancia, aínda que non coñezan o nome do candidato (se non me creen, deberon ver onte o programa do "follonero" na sexta). E os que podemos cambiar iso estamos moi tentados de quedar na casa porque vostedes non son dignos de confianza. pensen niso. E pensen tamén no fallido estatuto, no seu reparto eólico que a Unión Europea está en trámites de botarlle abaixo, no traslado de ence, no acarrexamento de xente ós mítines (pagando 15 euros, manda carallo); na cidade da cultura, o futuro ave, a navallada de peaxe A-9. Pensen en todos os problemas desde país que tanto cacarexan, e deixen de amarrarse á poltrona. Devolvan a ilusión á xente, ofrezan unha alternativa, e ese país, os uns e os outros, pode ser que algunha vez esperte do seu sono, como tamén cacarexan vostedes na quintana tódolos anos. Polo de agora, e visto o visto, vai ser mellor seguir a dormir. E vostedes, de volta na oposición. Moi ó meu pesar, desde logo, pero non sen merecelo nin sen culpa.

  5. emigrante dí:

    Amen señor Pullings.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -