Publicado por : Adycto 25 de febreiro de 2009


Hai tempo vin unha película titulada "Cousas que facer en Denver cando esteas morto" que, inda que non era nada do outro mundo, deixome unha fonda impresión. O filme estaba protagonizado por Andy García e nel un grupo de cinco "maleantes" se xuntaban para organizar un "tinglao" que, ao sair mal, traía como consecuencia a sentencia a morte de todos eles por parte dun mafioso local. Como os dicía, a película non era nada do outro mundo pero tiña unha frase que, todo o que a vira, recordará con precisión: Copas de iate. Así era como lle chamaban os cinco "tunantes" á felicidade plena. Para eles a meior situación posible na que se podía estar, digamos o paraíso, era tomar copas todos xuntos na cuberta dun bo veleiro. Hoxe, lendo o ABC, véuseme a cachola esa expresión.


Resulta que o ABC publica hoxe unha fotografía do vivepresidente da Xunta de Galicia, o nacionalista Anxo Quintana, departindo amigablemente co empresario galego Xacinto Rey na cuberta do iate que este último amarra en Sanxenxo dende hai tempo. A foto, segundo o xornal ABC, é do pasado verán e nela podemos ver ao vicepresidente e ao empresario vestidiños de branco ao máis puro estilo de Don Jonhson en "Corrupción en Miami". Nin que decir ten que, postos a conspirar, podemos dicir que o señor Xacinto Rey é o responsable da creación do Xornal de Galicia, un xornal que saíu á rúa no pasado mes de decembro e que, dun xeito ou outro, dalle cobertura mediática propia ao BNG. Tamén podemos dicir, postos a conspirar, que este empresario foi un dos grandes beneficiados do cacarexado concurso eólico celebrado en Galiza recentemente e que, como todos sabemos, estivo dirixido pola Consellería de Industria.

Aínda así, o que hai que dicir é que as cousas non sempre son o que parecene e, aínda que a imaxe non é moi atinada, hai que saber rectificar. Como dicía hai uns días é de ben nacidos ser agradecidos e, por este motivo, doulle as gracias a Adolfo por confirmarnos que, en contra do que publica ABC, as fotos son do ano 2005....A que este interese en sacalas agora á luz?

Para comprobalo nada millor que visitar http://www.minutodigital.com/noticias/1798.htm
Gracias de novo Adolfo pola túa puntualización que, realmente, cambia moito o panorama e, perdón a todos os lectores, por crer sen máis na información publicada por ABC sen poder comprobala.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Adolfo dí:

    Seguro que é o verán pasado?
    Mire:

    http://www.minutodigital.com/noticias/1798.htm
    http://radikaleslibres.blogspot.com/2005/11/un-yate-para-quin.html

    Son do 2005!!! Por que facernos crer que son recentes? Responda?

  2. Adycto dí:

    grazas adolfo polo teu comentario que, realmente, cambia moito a cor da nova publicada. Isto pasa por confiar sen máis en fontes de información aparentemente serias como o xornal ABC. GRazas de novo.

  3. Anónimo dí:

    Esto é o bo de xornal aberto, que a xente pode opinar e inclusive modificar as informacións cando están equivocadas. Ben rectificado Adycto....

    Dende logo o mellor deste blog son os seus lectores e senón mirade para Adolfo...que nivel!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -