Publicado por : Adycto 23 de febreiro de 2009


Meu vello sempre dí aquilo de "É de ben nacidos ser agradecidos" e eu, unha vez máis, teño que dar grazas. Neste caso ao meu amigo Mejuto, autor do máis que interesante blog "Mis Paridas" polas súas palabras de ánimo tralo bofetón que o amigo Quintana deulle a moitos "esquerdosos" de Galiza con tema da "encerrona aos maiores en Oia". Agradezo as túas verbas e, sobre todo, frases como a de "si te vale como consuelo piensa que del estiércol que tanto te repugna, puede que brote algún día el clavel rojo de la Revolución”. En fin, supoño que son cousas da vida (que non da visa) pero doe ter que afrontalas. Agora ben, canto ao tema das enquisas electorais non creas todo o que din. Por moito que se diga eu non creo que Alberto Núñez Feijoo vaia a estar tan cerca dos últimos resultados de Fraga (lembremos que quedou a só 7.000 votos da maioría absoluta nas eleccións do 2005) como para conquerir a maioría absoluta que necesita para gobernar. Aínda así, actuacións como a do amigo Quin en Oia ou despilafarros como os do amigo "Smallbull" (así lle chamamos algúns ao presidente Touriño) o que van conseguir é que moitos quedemos en casa o día 1 ou, en todo caso, acudamos as furnas para votar en blanco, cousas que, en todo caso, benefician sempre aos partidos da dereita. Por certo, moi bo o do MUNDO SENIOR e excelente o artigo sobre o voto electoral negativo que aquí deixo para que todos o podan desfrutar. A imaxe saqueina da blogoteca.
Por certo, que tedes que dicir da demisión do ministro cazador?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -